mércores, 9 set 2020
O Pleno aprobou esta mañá a moción socialista que reclama ao goberno autonómico que acometa nos colexios as reformas precisas para ampliar espazos que garantan a distancia interpersoal, o desdobramento de aula e a seguridade e tamén deu luz verde á moción do grupo mixto que demanda un curso escolar seguro.
martes, 8 set 2020
No encontro mantido este martes por Abel Caballero con Carlos Fernández Gómez, presidente, e Jorge Rouco, vogal do Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, trataron a posibilidade de crear esta figura da enfermeira que sexa a profesional responsable de desenvolver os protocolos Covid-19 nos centros escolares.
venres, 4 set 2020
Abel Caballero manterá este venres unha reunión telemática cos alcaldes das principais cidades galegas e cos presidentes das deputacións para abordar os gastos que deberán asumir os municipios na desinfección de centros escolares debido a pandemia do Covid-19.
xoves, 3 set 2020
O alcalde de Vigo lanzou este xoves unha mensaxe á cidadanía para frear a segunda onda de Covid-19 e pediu “máxima prudencia e precaución” para conter a expansión do virus entre a poboación.
xoves, 3 set 2020
Vigo aprobou este mércores outras 98 axudas de emerxencia por valor de 17.000 euros, polo que o Concello de Vigo xa supera os 1,2 millóns de euros en achegas desde o inicio da pandemia o pasado mes de marzo. Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace a un novo convenio co comedor de A Esperanza.
mércores, 2 set 2020
A FEMP e os ministerios de Sanidade e Política Territorial celebrarán encontros frecuentes para articular a acción coordinada en saúde pública. O acordo, adoptado esta mañá nunha reunión de traballo dos tres equipos, puxo de relevo o papel local durante toda os meses de pandemia e a importancia da colaboración interadministrativa na aplicación e seguimento das medidas fronte á pandemia.
luns, 31 ago 2020
Abel Caballero recibiu este luns aos responsables da Confederación galega de persoas con discapacidade (Cogami), que trasladan dificultades para cumprir as normas autonómicas ante o Covid-19. “Creo que os protocolos teñen que ser estritos pero teñen que ter apoio e axuda para cumprilos”, asegurou o alcalde.
venres, 28 ago 2020
Abel Caballero participou esta mañá na presentación de tres novos concertos e unha gran gala de despedida do Festival TerraCeo organizado no Auditorio Mar de Vigo. O alcalde resaltou o bo funcionamento desta iniciativa cultural con música de grande calidade nun marco de seguridade Covid 100%.
xoves, 27 ago 2020
Anunciouno este xoves o alcalde, unha “subida cero” euros nas taxas e impostos municipais do ano próximo que engade exencións de pagos na ocupación de vía pública e nas licenzas de obras, primeira ocupación e actividade, e rebaixas do 20% no ICIO das obras en locais comerciais e vivendas.
mércores, 26 ago 2020
O alcalde urxiu este mércores a Núñez Feijóo a sentarse con Foanpas, a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos que xestiona o comedor de 2.500 nenos e nenas e as extraescolares doutros 15.000 en Vigo, cos que non se reúnen desde o 5 de agosto, para buscar unha solución que permita prestar estes servizos no novo curso.