xoves, 3 out 2019
Vigo acollerá o vindeiro domingo, 6 de outubro, a 36 Marcha Aspanaex co obxectivo de recadar fondos para a nova residencia que ofertará prazas en Coia. O alcalde participou na presentación da carreira solidaria e animou aos vigueses a participar para superar os 3.000 participantes.
luns, 23 set 2019
O goberno local fará efectivas as achegas incluídas dentro do chamado "Cheque social" do que se beneficiarán 1.612 familias cun importe total de axudas que se eleva ao 1,6 millóns. O xoves comezará a entrega das tarxetas de alimentación e o venres realizaranse as transferencias para o pago de subministros, alugueiro ou hipotecas.
xoves, 19 set 2019
A Xunta de Goberno local adxudicou esta mañá 1.612 achegas para vivenda, alimentación e subministros cun montante económico de 1,6 millóns. A esta cantidade hai que sumar outros 800.000 euros de axudas de emerxencia para desafiuzamentos, o que eleva a partida anual para políticas de vivenda ascende a 2,5 millóns.
martes, 17 set 2019
Coincidindo co Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora este sábado 21 de setembro, AFAGA organiza diferentes actividades, entre elas, o festival solidario "El Alzheimer no se olvida" con propostas infantís en Praza América e unha gala musical no IES Santa Irene.
venres, 13 set 2019
O vindeiro xoves, 19 de setembro, o Pazo dos Escudos acolle un congreso sobre a formación e a mentorización de persoas con discapacidade organizado pola ONCE, entidade da que o rexedor eloxiou o seu labor. <br />
martes, 3 set 2019
Abel Caballero criticou esta mañá o atraso co que a Xunta está a tramitar as axudas para vivenda do ano 2018, publicadas no mes de xuño do ano pasado e aínda sen resolver. Durante este tempo ten sido o Concello o que concedeu achegas para aloxamento das que se beneficiaron 700 familias viguesas e ás que administración local adica 2,5 millóns.
venres, 23 ago 2019
O Concello organiza esta actividade estival para persoas con necesidades especiais, de todas as idades, co obxecto de ofrecerlles un espazo de ocio e opcións de respiro e conciliación aos seus familiares e/ou coidadores. Abel Caballero destacou a "alegría" que manifestan no campamento, que se celebra no Verbum.
martes, 6 ago 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a subvención mediante convenio de 50.000 euros da celebración na cidade do Outono Lírico 2019.
luns, 29 xul 2019
Así o indicou este luns o delegado do Pobo Saharauí en Galicia, durante o tradicional acto de recepción que ofrece o Concello e o alcalde, Abel Caballero, ás familias viguesas acolledoras e aos 82 nenos e nenas saharauís dos campamentos de refuxiados de Tinduf, que pasan en Vigo o verán.
venres, 26 xul 2019
O alcalde insta á Xunta de Galicia a que asuma o custo destes servizos que son "da súa competencia e obriga" e dos que o Concello financia o 63%. Amais, o goberno vigués aprobou a contratación do persoal de atención dos museos municipais por medio millón de euros anuais.