Vigo atendeu a máis de 6.000 persoas e rexistrou 3.500 solicitudes do Ingreso Mínimo Vital
O Concello dispón de 5 espazos de atención cidadá para o Ingreso Mínimo Vital, con 6 persoas na lonxa municipal e atende, nestes momentos, unha media de 200 persoas ao día.
Desde o 15 de xuño, o día que se abriu o prazo de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, Vigo atendeu xa a máis de 6.000 persoas e rexistrou 3.500 solicitudes cidadás. Nestes momentos, o Concello está atendendo cada día unha cifra menor ás 200 persoas, sendo 1.000 na primeira semana, e están acudindo ás dependencias municipais, sen cita, unha media de entre 180 e 200 persoas diarias.
O goberno municipal conta con 5 centros de atención para o Ingreso Mínimo Vital. No Concello hai 6 persoas tramitándoo e tamén pode acudirse aos centros municipais descentralizados de Rivera Atienza, Teis, Coia e Princesa.
O alcalde sinalou que está funcionando o sistema de volcado dos datos do certificado de empadroamento, sendo Vigo o único Concello de España que logrou un acordo co Instituto Nacional da Seguridade Social para que se faga esta xestión de forma automatizada, evitando que as persoas solicitantes teñan que desprazarse ao consistorio para solicitalo.