martes, 9 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a transferencia de financiamento do goberno municipal á Fundación Marco que supón o 72% do seu orzamento para 2021. Tamén deu luz verde á achega de 125.000 euros para da Fundación Vigo en Deporte e 70.000 euros para programas de Benestar.
mércores, 3 mar 2021
O alcalde realizou este mércores o balance da actividade deste servizo que atendeu a 400 familias e 1.270 usuarios e que reflicte "a nosa vocación de axudar ás familias". O goberno municipal destina 710.000 euros anuais a este programa.
venres, 26 feb 2021
Este domingo, 28 de febreiro, Día mundial das enfermidades raras, o Concello iluminará de verde as fontes da rúa Aragón, segundo expuxo o rexedor, para dar visibilidade a estas doenzas que afectan a "un número importante de persoas en Galicia". O goberno municipal atende así a petición realizada desde a Federación Galega de Enfermidades raras e crónicas (Fegerec)
venres, 26 feb 2021
O alcalde dei conta esta mañá da contratación dunha plataforma para a xestión integral dos expedientes de Benestar Social, unha modernización tecnolóxica que permitirá reducir prazos, trámites e ofertar mellor atención aos usuarios. Esta iniciativa ten un custo de 562.000 euros a executar en dous anos, coa participación de fondos DUSI.
xoves, 25 feb 2021
A concelleira de Política de Benestar Social, Yolanda Aguiar, confirmou este xoves que nos vindeiros días haberá novas probas e sinalou que desde o pasado outono xa se realizaron tres cribados masivos (outubro, novembro e febreiro) entre os usuarios e os traballadores, ademais do control diario de constantes vitais.
mércores, 24 feb 2021
Abel Caballero recibiu este mércores a visita na Alcaldía das 9 traballadoras sociais que se incorporan ao servizo e que eleva a 40 o número de profesionais que atenden unha demanda que crece a causa da crise sanitaria. Deste xeito, o Concello aumenta case nun 30% o cadro de persoal.
luns, 22 feb 2021
A administración local conta con 9 traballadoras sociais máis, o que eleva a 40 o número de profesionais que atenden unha demanda que crece a causa da crise sanitaria. Deste xeito, o Concello aumenta case nun 30% o cadro de persoal.
luns, 15 feb 2021
O Concello de Vigo iluminará este luns a Fonte de Aragón con motivo do Día da Concienciación do Síndrome de Angelman, unha enfermidade rara de trastorno xenético que provoca problemas de fala e discapacidade intelectual. O alcalde tamén enviou o seu o apoio e o da cidade aos nenos, familias e colectivos como Bicos de Papel no Día Internacional do Neno con Cancro.
venres, 12 feb 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a bolsa de emprego para nomear a diplomados en Traballo Social como interinos. Hoxe venres, Abel Caballero avanzou que a próxima semana prevé sumar oito profesionais á xa contratada en novembro, un reforzo total de nove traballadoras sociais para afrontar o aumento de demanda dos servizos sociais pola pandemia.
venres, 12 feb 2021
A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao proxecto para rehabilitar o edificio de rúa Alta 23 e levantar o novo Centro de Formación do Casco Vello. O alcalde indicou que a infraestrutura, cun investimento de case 700.000 euros, estará rematada a finais do presente ano.