Anuncio de Cultura e Festas

Apertura prazo de solicitudes para o programa "VENTE CON NOS"

venres, 13 abr 2012

A Concellería de Cultura e Festas asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa "Vente con Nos" do presente ano.Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.<br />

ANUNCIO DE RECADACIÓN VOLUNTARIA

Imposto de vehículos de tracción mecánica 2012 <br /> <br />

venres, 13 abr 2012

Por resolución da concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo de data 30 de marzo do 2012, sinálase o período voluntario de cobranza do:IMPOSTO VEHÍCULOS TRACCIÓN MECÁNICA CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2012. Período de cobranza:do 2 de abril de 2012 ao 5 de xuño do 2012, ambos os dous incluídos.<br />

Actividade de "Escalada e multiaventura" na Praza da Independencia

venres, 23 mar 2012

A Concellería de Xuventude organiza o evento de "Escalada e Multiaventura" o sábado 24 de marzo , de 16 a 20 horas, na Praza da Independencia. O evento reproduce a dinámica de Camiño a Camiño, incorporando como actividade estrela a escalada. Deste xeito, entre outras actividades, poderase "ascender" a Serra do Galiñeiro, faranse probas e explicarase como axudar a conservar o entorno de Zamáns, e os máis pequenos "conquistarán" o Monte do Castro.