CONCURSO DE MICROVÍDEOS " 8 de marzo, Día Internacional da Muller – 2012 "
venres, 2 mar 2012Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, que se conmemora o día 8 de marzo, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan este concurso, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres así como servir de canle para amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres ben de xeito individual ou colectiva.