xoves, 23 abr 2009
O alcalde da cidade de Vigo presentou onte, na Lonxa do Concello, os uniformes que lucirán os voluntarios que formarán parte do amplo continxente humano que se estableceu con motivo da saída desde o porto vigués, do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros. Abel Caballero explicou os motivos e cores que locen os equipos, combinación do vermello e branco que simboliza o estandarte da cidade, así como os dous bordados oficiais, o da grímpola da regata e a insignia da Alcaldía de Vigo.
xoves, 23 abr 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, acordaron impulsar o proxecto social para o Colexio Alemán en Coia, que está a elaborar o Concello e será asumido pola entidade provincial. O rexedor solicitou da Deputación a humanización do entorno de Casablanca, Aragón, tramos de Tomás Alonso e da Travesía de Vigo; ademais da Estrada Provincial.
mércores, 22 abr 2009
O rexedor, Abel Caballero, e o director da Axencia Europea de Control da Pesca, Harm Koster, acordaron este mércores colaborar para a celebración institucional en Vigo do Día de Europa, o vindeiro 8 de maio. No evento participarán, xunto co alcalde, responsables da Comisión Europea, do Ministerio de Medioambiente, Rural e Marino e dirixentes da Xunta de Galicia. <br />
martes, 21 abr 2009
Abel Caballero e José Luis Méndez participaron este martes na apertura da mostra "Solidarízate 2009" no MARCO, unha exposición itinerante que estará na rúa do Príncipe ata o vindeiro 3 de maio para facer visible a labor do voluntariado e das organizacións sociais.
Unha treintena de navíos clásicos arroparán a saída desde Vigo da gran regata
martes, 21 abr 2009
A medida que se achega a data da inauguración oficial da estadía dos grandes veleros que tomarán parte no Desafío Atlántico de 2009, a organización segue pechando a chegada de navíos clásicos, que surcarán ríaa de Vigo, o próximo 3 de maio, poñendo rumbo ás illas Canarias, final da primeira etapa.
martes, 21 abr 2009
Vigo conta os días para converterse oficialmente no mellor embaixador dos veleiros máis importantes do mundo. Os grandes clásicos arribarán a partir do próximo xoves 30 de abril, catro días nos que afeccionados, profesionais e interesados poderán gozar de verdadeiras xoias sobre o mar. <br />
Tras meses de intensas xestións, comezanse a pechar capítulos. Este é o caso das actividades paralelas que se deseñaron ao redor do que se converteu, ata antes de arrincar, no evento con maior expectación do ano.
venres, 17 abr 2009
O alcalde, Abel Caballero, e o novo Xerente, José Armesto, acordaron hoxe venres convocar ao Patronato de ProVigo para relanzalo en torno a catro eixos de actuación: a adaptación legal dos estatutos, os orzamentos, a revisión do Plan Estratéxico da Fundación e a potenciación de Peinador con vistas á saída da crise.
xoves, 16 abr 2009
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves os XIV Xogos Autonómicos de Fútbol Sala, que se celebrarán en Vigo o vindeiro sábado 18 de abril no Pavillón das Travesas. O evento, organizado por Special Olympics, procura facilitar o deporte para os discapacitados intelectuais.
Un efectivo composto por máis de 500 persoas estarán coordinadas durante os catro días da regata por un Comité de Seguridade Permanente
xoves, 16 abr 2009
A Xunta Local de Seguridade celebrou esta mañá unha reunión extraordinaria co alcalde da cidade, Abel Caballero, para analizar os distintos niveis que se establecerán con motivo da celebración do Desafío Atlántico de Grandes Veleros, os próximos 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio.
mércores, 15 abr 2009
Abel Caballero valorou que o informe responde ao informado polos responsables xurídicos do Concello e "deixa as portas abertas de par en par" á colaboración do Consorcio coa cidade. O alcalde agarda que o Comité Executivo de Zona Franca cumpla o mandato do Pleno de estudar e acometer a reforma das instalacións.