martes, 13 xan 2015
Abel Caballero mantivo este martes unha entrevista con Alfonso Álvarez Gándara, hoxe decano en funcións do Colexio de Avogados de Vigo, un "recoñecemento" da cidade ao seu traballo e "bo facer" na entidade, sempre en defensa do colectivo profesional e "do interese da cidade" de Vigo, salientou o rexedor.
martes, 13 xan 2015
O alcalde recibiu este martes aos organizadores de ViKul 2015, a terceira edición do Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo, e lles trasladou o respaldo do goberno municipal á súa celebración, prevista para o mes de xullo, previsiblemente no Verbum, en Samil. A cita pasará dos catro dias habituais a sete, segundo avanzou Caballero.
venres, 9 xan 2015
O Concello sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias, gardando 3 minutos de silencio nun acto no que a corporación municipal, acompañada de traballadores do concello e cidadáns, amosou a súa repulsa polos actos terroristas contra os profesionais do semanario Chralie Hebdo. Ao término, o rexedor reiterou o compromiso do goberno local e de toda a cidade de Vigo coa liberdade de expresión como dereito fundamental.<br />
luns, 5 xan 2015
As 1.200 persoas que formarán parte da comitiva dos Reis Magos xa están preparadas para iniciar o desfile ás 18,00 h desde o nó de Isaac Peral. Antes, ás 17,00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a chave "máxica" da cidade de mans do alcalde na Porta do Sol.
martes, 30 dec 2014
Abel Caballero fixo este martes un balance do ano que conclúe, no que destacou a política municipal na creación de emprego (cifrada en 3.500 entre directos e indirectos) e as políticas sociais (cun incremento orzamentario próximo ao 25% e 12 millóns de euros de gasto). O rexedor sumou á valoración a conxelación e baixada para o ano que ven das taxas e impostos municipais, sendo Vigo a cidade con menor presión fiscal das galegas e tendo a menor débeda das urbes de España.
luns, 29 dec 2014
O alcalde avanzou que o Concello colaborará coa Fundación Penzol nos actos de conmemoración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez. Así o acordou o rexedor esta mañá durante un encontro co presidente da entidade, Alfonso Zulueta de Haz, no que acordaron lembrar en febreiro o nacemento dun escritor ao que xa se adicou o Día das Letras Galegas en 2008.
luns, 29 dec 2014
O Concello de Vigo cooperará con Érguete na organización do seu 30 aniversario que celebrará en 2015. O alcalde reitierou a "importante" labor desta Fundación na loita contra a droga e na rehabilitación de toxicómanos.
venres, 26 dec 2014
O alcalde indicou que con esta placa, localizada en Doctor Cadaval nº7, o Concello procura o "recoñecemento" da cidade ao pintor no lugar onde morou e no único estudo que tivo en Vigo, a cidade na que pasou os seus últimos dias. Caballero eloxiou a obra de Lugrís, sempre "moi relacionada co mar".
luns, 15 dec 2014
O alcalde amosou esta mañá a súa satisfacción porque a planta de Vigo fabrique os novos modelos k9 xa que supón a garantía de 30 anos de funcionamento ao nivel actual. En declaracións aos medios cualificou de crucial para esta decisión -o "mellor agasallo de Nadal que poido recibir a cidade"- que a factoría conte con 50.000 m2 cedidos polo Concello para a súa ampliación.
venres, 12 dec 2014
O alcalde participou este venres na inauguración da xornada técnica sobre Prevención de Riscos Laborais no sector pesqueiro, organizada por ARVI dentro dos actos do seu 50 aniversario. Caballero indicou que o Concello seguirá do lado da pesca para conseguir a "máxima seguridade no traballo" nesta actividade "da maior importancia", que xera "valor engadido e emprego".