xoves, 7 xul 2022
Os campamentos urbanos están a funcionar “satisfactoriamente” tal e como puido comprobar esta mañá o rexedor durante unha visita a Alcabre, onde hai 50 nenos e nenas compartindo actividades na Asociación de Veciños. Este ano o Concello ofertou 3.478 prazas, 1.110 máis que en 2021.
luns, 13 xuñ 2022
A Casa da Xuventude acolle as clases e obradoiros, realizados en colaboración con ACCEM, para a adaptación das persoas acollidas ao Plan de Protección Internacional do Goberno de España.
martes, 7 xuñ 2022
A oferta municipal para este verán suma 1.110 prazas máis que o anterior cun orzamento de 335.900 euros. Recibíronse 5.174 solicitudes para participar nestas actividades de verán.
xoves, 19 mai 2022
O alcalde detallou este xoves en rolda de prensa o programa “Verán Xove 2022” que cun orzamento de 335.900 euros, inclúe actividades de lecer e educativas para as nenas e nenos da cidade co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
martes, 19 abr 2022
O alcalde anunciou este martes a volta a actividade das cinco salas. Os grupos interesados en ensaiar en VigoSónico deberán cubrir un formulario online solicitando o día e franxa horaria de preferencia, desde este martes e ata o 1 de maio. Os espazos estrearán medidores de CO2.
luns, 4 abr 2022
O ministro de Universidades e o presidente da FEMP mantiveron unha reunión sobre a Universidade do futuro. “As cidades temos que facer que las universidades den respostas ao que vemos e percibimos”, asegurou Abel Caballero.
luns, 14 feb 2022
Abel Caballero recordou que este venres, 18 de febreiro, conclúe o prazo para anotarse ao proxecto, dirixido a persoas emprendedoras do sector musical que busquen definir un plan de negocio dos seus proxectos artísticos. O Concello coopera coa cesión dos espazos.
xoves, 3 feb 2022
Abel Caballero e o vicepresidente da Fundación Paideia presentaron en rolda de prensa a acción formativa que se desenvolverá en Vigosónico. Está dirixido a persoas emprendedoras do sector musical que busquen definir un plan de negocio dos seus proxectos artísticos. Hoxe comeza o prazo de inscrición.
xoves, 3 feb 2022
O alcalde avanzou este xoves a apertura das nove salas de ensaio a finais do mes de febreiro, logo de ter que permanecer pechadas para “preservar a saúde das persoas usuarias” ante a pandemia Covid.
mércores, 22 dec 2021
O goberno municipal organiza tres espazos para favorecer a conciliación familiar e laboral e o entretemento familiar no período navideño: “Nadal en familia no Calvario”, “Da horta do Calvario ás cociñas” e o “Parque infantil do Nadal de Navia”.