Caballero achégase á clausura do campamento polideportivo das Travesas
O alcalde saudou este venres aos alumnos participantes no campus polideportivo que se celebra no complexo das Travesas e que forma parte da oferta de campamentos municipais deste verán.

En total, pasarán por esta actividade coordinada pola Fundación Vide, 300 nenas e nenos que terán a oportunidade de practicar diferentes modalidades deportivas nas instalacións municipais das Travesas.
Previamente, o rexedor visitou aos 150 nenas e nenos dos campamentos do Ceip Dr. Fleming, Lavadores e de Samil que visitaron a Praia da Fonte nunha das saídas da actividade.
O Concello ofrece este verán máis de 4.600 prazas de campamentos: 4.300 para nenas e nenos de entre 4 e 17 anos e 255 dentro do programa “Verán Vigo Inclusivo” para pesoas con diversidade funcional.


