Escoitar

O Concello humanizará Elduayen e Marqués de Valladares con asfalto pulido

O alcalde deu conta do avance das obras en Marqués de Valladares, que comezaron o luns coa retirada do adoquinado. Abel Caballero tamén informou que Elduayen estará humanizada en setembro “cunha plataforma única peonil en asfalto pulido”.

xoves, 29 xuñ 2023

O Concello humanizará a rúa Elduayen con asfalto pulido nunha plataforma única monocolor. A rúa será totalmente peonil. O alcalde avanzou que, segundo os prazos, esta nova acción que supón a prolongación da peonalización da Porta do Sol, estará rematada no mes de setembro.

Esta obra estará acompañada co túnel que discorre baixo Elduayen, onde se retomarán os traballos de micropilotaxe e as prospeccións arqueolóxicas no inicio do Paseo Alfonso, tamén coa previsión de rematar nun prazo de mes e medio. “Temos que darlle solución á muralla e ver que din os arqueólogos sobre o seu mantemento”, explicou Abel Caballero.

Marqués de Valladares

O Concello tamén a está a substituír o adoquín da rúa Marqués de Valladares cun investimento de 214.000 euros. “A humanización en adoquín non foi adecuada. Houbo un afundimento ao chegar eu a Alcaldía e prodúcense fochancas ao paso dos vehículos. Fixéronos meus predecesores e foi un error”, declarou en rolda de prensa. Deste xeito, a rúa Marqués de Valladares mudará do adoquín ao asfalto pulido, co aspecto como a actual Praza Compostela, García Olloqui e Carral. “Este novo firme evita vibracións e afundimentos”, afirmou. A obra tamén prevé o soterramento das redes de fibra óptica.

Descargar todas as imaxes