O goberno de Vigo inviste 900.000 euros en humanizacións na contorna rural
mércores, 10 mai 2017Co fin de ter en "boas condicións de tránsito" os firmes da cidade, segundo explicou o alcalde, que adiantou a contratación da segunda fase das escaleiras da Porta do Sol e a redacción do proxecto de transformación da Gran Vía e a Porta do Sol que supoñerán 18 millóns de euros de investimento e a xeración de "centos de postos de traballo".