Os premios de arquitectura Gómez Román serán bianuais

xoves, 3 abr 2003

O Concello aprobou as bases da VIII edición dos Premios de Arquitectura e Urbanismo Irmáns Gómez Román, correspondente aos anos 2001-2002. Os galardóns concederanse con periodicidade bianual, tal e como recomendou o xurado da última edición, para permitir así unha maior participación.

Un xardín ocupará o treito superior da rúa Juan Ramón Jiménez

xoves, 20 mar 2003

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de obras para a urbanización do treito superior da rúa Juan Ramón Jiménez, o comprendido entre Marqués de Valterra e Conde de Torrecedeira. Trátase dun lugar rodeado de edificacións, con forte desnivel e que actualmente está ocupado por un gran montículo de terra. Na zona construirase un xardín e unhas escaleiras que salvarán a diferencia de cota entre Torrecedeira e Marqués de Valterra.