xoves, 13 mai 2021
O Concello xa ten en marcha o proceso de ordenación provisional do ámbito de Cruceiro onde se vai instalar Bricomart, do grupo Leroy Merlín. Esta actuación permitirá ao Concello recibir de xeito gratuíto un bulevar de 30 metros no que se integrará un carril bici, unha zona peonil e un parque.
xoves, 29 abr 2021
As rutas “Vigo señorial” e “Vigo antigo” estarán dispoñibles dende hoxe na aplicación do Concello para tódolos usuarios que queiran coñecer parte da riqueza arquitectónica da cidade. O alcalde avanza que están en proceso de preparación tres novas rutas polas medianeiras da urbe.
xoves, 22 abr 2021
O alcalde informou este xoves da aprobación do programa de actuación, que inclúe o Cíes Market da Alameda, o mercado do Calvario, a noria xigante, ramplas de xeo, trens turísticos e atraccións infantís por toda a cidade. O goberno de Vigo busca propostas innovadoras para Teis, Bouzas, Travesas, Berbés ou Coia, entre outros emprazamentos.
luns, 19 abr 2021
Antes da Conferencia Sectorial do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, Caballero dixo que "estamos preparados para actuar e transformar este país desde as Entidades Locais". Presidente da FEMP subliñou o papel dos gobernos locais na aplicación dos fondos europeos.
luns, 19 abr 2021
O presidente da FEMP e a xunta de portavoces reuníronse esta tarde coa ministra Reyes Maroto, que presentou as cifras do Plan de recuperación nestas áreas. Caballero reivindicou a proximidade dos gobernos locais como garantía de eficiencia na xestión de fondos europeos para apoiar ás pemes e empresas, promover a actividade industrial e a xestión turística.
venres, 16 abr 2021
Caballero agradeceu aos profesionais sanitarios a súa “xenerosidade, capacidade investigadora e o excelente traballo durante a pandemia”.
xoves, 15 abr 2021
Logo dunha reunión co sector, Abel Caballero trazou este xoves as principais liñas dunha proposta que procura mobilizar o gasto nos barrios mediante publicidade, actividades culturais e incluso o uso do bus turístico. “Confianza, seguridade e garantía” e “Todo o que gastas queda en Vigo”, entre os lemas da iniciativa.
martes, 13 abr 2021
A terminal olívica liderou o pasado mes de marzo o tráfico de pasaxeiros de Galicia sumando máis de 24.000 voos, fronte aos 23.000 da Coruña e aos case 23.000 de Santiago. O destino principal do aeroporto de Vigo é Madrid, seguido de Barcelona.
martes, 13 abr 2021
“Isto é moi bo, porque incrementa a mellora da seguridade antiCovid na hostalería”, valorou o alcalde este martes. Os asesores Covid, programa financiado polo Concello con 75.000 euros para apoiar ao sector, revisaron a pasada semana 405 establecementos, dos que case o 90% cumpren as regras contra o coronavirus.
martes, 6 abr 2021
O Concello segue a tramitar a ordenanza de terrazas e recollerá suxestións cidadás ata o 14 de abril. A partir dese momento, comezará a redacción dun texto que prevé adaptar a actual normativa á nova situación sanitaria mantendo a taxa cero por ocupación da vía pública