Desde o próximo luns cambia temporalmente o itinerario do transporte público en Sanjurjo Badía

venres, 5 set 2008

Co fin de poder garantir a seguridade vial no contorno das obras de humanización da rúa, dende o luns día 8 de setembro, e por un tempo aproximado de un mes, suprímese a circulación do transporte público colectivo no sentido descendente, polo que o itinerario cara o centro realizaráse polas rúas Sanjurjo Badía, Enrique Lorenzo, Santa Tegra, Guixar e Julián Estévez.

Vigo,primeira cidade galega con taxis a gas licuado

venres, 22 ago 2008

Abel Caballero presentou este venres os primeiros 14 novos vehículos impulsados con gas licuado, o que converte a Vigo na primeira cidade galega con taxis equipados con esta tecnoloxía. O alcalde salientou as "vantaxes medioambientais" do combustible alternativo, que permite reducir ata nun 90% as emisións contaminantes fronte ao diésel e nun 50% os niveis de ruido.

Vigo avanza no uso do transporte público<br />

martes, 22 xul 2008

O concellerio de Movilidade, tráfico e seguridade, Xulio Calviño, informou este martes 22 de Xullo as 12:00 horas dos traballos realizados en sinalización vial no ano de goberno. Tamén aproveitou para felicitar tanto aos policías encargados do dispositivo de tráfico do Festival Aéreo do pasado domingo como tamén aos cidadáns que elixiron o transporte público para o seu desprazamento. <br />

Máis de 200 personas garantirán a seguridade no Festival Aéreo de Vigo

xoves, 10 xul 2008

O alcalde presidíu este xoves a Xunta de Seguridade na que se adoptaron as medidas de tráfico e seguridade para o Festival Aéreo de Vigo que se celebrará o vindeiro 20 de xullo en Samil. A seguridade aérea, marítima e terrestre "está garantida", salientou o alcalde, quen fixo un chamamento para que os cidadáns se acheguen a ver o festival en transporte público. 20 lanzadeiras de VITRASA facilitarán o acceso desde a Praza de América.

A mostra exhibirá 23 imaxes de MAGAR durante a fase de construción do aparcadoiro subterráneo

Concello e Caixa Galicia expoñen fotografías do Vigo do século pasado nas obras do aparcadoiro de Garcia Barbón

mércores, 9 xul 2008

Caixa Galicia e o Concello de Vigo organizaron unha exposición de fotografías antigas da cidade olívica que se colocará en paneis que van rodear as obras de construción do aparcadoiro de Policarpo Sanz-García Barbón, que dotará á cidade de 570 novas prazas de aparcadoiro. Co lema Mellorando o futuro, a exposición trata de presentar aos vigueses o resultado das obras e un contido atractivo que alixeire a difícil convivencia diaria co espazo en obras.

A Policia Local adquire un inspector para medir a contaminación acústica dos vehículos

venres, 4 xul 2008

O "inspector de ruidos de vehículos", operativo a vindeira semana, mide automáticamente os niveis sonoros dos vehículos a motor a través dun micrófono e identificando á vez as revolucións por minuto do motor, co obxectivo de dar cumprimento á nova ordenanza municipal de ruidos. Este sinxelo sistema permite a medición a realice un único operario.