Escoitar

O novo organigrama da Policia Local mellora a seguridade e aproxima os axentes á cidadanía

O concelleiro de Transporte, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño, acompañado dos altos mandos do corpo, presentou este martes a nova organización da Policía Local de Vigo, que se distribúe por seccións -grazas á especialización- e por zonas -incrementando a presenza nas parroquias-. A nova organización, "acorde aos tempos", terá vixencia para os vindeiros 15 anos, aproximadamente.

martes, 17 mar 2009
1237297926poli.JPG
O edil de Transporte, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño, presentou este martes acompañado do Xefe da Policía Local, Carmelo del Castillo, o novo organigrama da Policía Local de Vigo, que pretende mellorar a seguridade e aproximar aos axentes á cidadanía.

Xulio Calviño salientou o "paso adiante" que supone a modernización da estrutura da Policía Local, que pasa a estar "acorde aos tempos" e terá unha vixencia aproximada de 15 anos. O obxectivo pasa por ter en Vigo "unha policía absolutamente exemplar" polo que se incrementará o número de axentes, iniciando as oposicións para os novos 25 postos a finais deste ano.

Tanto o edil como o Xefe da Policía Local salientaron que este organigrama conta co consenso das centrais sindicais, aos que agradeceron o seu apoio e a disposición, así como aos dirixentes do corpo de seguridade.

A nova estrutura redistribúe os efectivos por seccións, potenciando a especialización, e por territorios, diferenciando entre o casco urbán e as parroquias. A organización pasa a dividirse en tres sectores, dous no casco urbán e un no rural. Este último se reforzará pasando de 12 a 22 axentes e se divide en dúas zonas: o sector este e o oeste, divididos pola Avenida de Madrid.

As dúas seccións urbanas se dividen en cinco zonas: Casco Vello-Príncipe, Praza de Compostela-Rosalía, Sanjurjo Badía-Teis-Calvario, Bouzas e Coia, e serán atendidos á vez por motoristas e por policías de barrio, asistidos polas patrullas de seguridade.

Por seccións, o novo organigrama ubica baixo o mando directo do Xefe da Policía os servizos especiais (o servizo de paisano e a EVAP), o servizo de relacións cidadás e externas, a Academia de Formación e a asesoría xurídica.

Baixo o mando dos catro subinspectores principais queda a sección de proximidade, os servizos interiores e administrativos, a patrulla medioambiental e a patrulla de seguridade cidadá.
Descargar todas as imaxes