Sanidade edita un mapa con 8 rutas urbanas saudables dentro das actividades do Plan Saúde 2009
A Concellería que dirixe Chus Lago distribúe 2.500 exemplares por diversas asociacións para que os cidadáns poidan levar a cabo exercicio regular dentro do seu entorno e na súa vida cotiá. A web municipal (www.vigo.org) permite asemade a descarga do mapa, unha das nove iniciativas da edición de 2009 do Plan Saúde, presentado hoxe martes pola edil.
A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou hoxe martes a edición de 2009 do Plan Saúde, nove propostas saudables entre as que destaca a elaboración dun mapa con oito rutas urbanas de diferente dificultade para que todos os cidadáns poidan levar a cabo exercicio regular na súa vida cotiá.
Sanidade editou 2.500 exemplares para distribuir por distintas asociacións da cidade, ademais de estar dispoñible a súa descarga no apartado de sanidade e saúde da web municipal (www.vigo.org), xunto con toda a información do Plan Saúde. Os mapas recollen información gráfica cos perfís das rutas, as distancias, a fórmula para o cálculo das calorías aproximadas, os niveis de intensidade e dificultade e a descripción de cada ruta.
Os oito percorridos propostos parten do Náutico, Bouzas, Castelao, Praza de España, Oliveira, Sereo, Teis e O Calvario, e pretenden potenciar o exercicio regular e fomentar a execución en grupo das rutas.
Ademais, e vencellado coas rutas urbanas, un técnico de Educación Física percorre cos cidadáns que o desexen -os luns, mércores e venres- algún dos oito percorridos para asesoralos e aclarar as dúbidas que poidan xerarse. Os participantes contarán con podómetros como material de apoio para facer o seguemento das distancias e as calorías consumidas no traxecto.
Máis actividades
Con respecto ao ano pasado, a nova edición do Plan Saúde da Concellería de Sanidade amplia a oferta de actividades saudables. As iniciativas do 2008 máis demandadas polos veciños terán continuidade, como o tai chi, o pilates e a ximnasia de mantemento en nove asociacións de veciños distribiudas pola cidade, ou a supervisión por parte dun técnico dos espazos biosaudables para maiores da Avenida de Castelao e do Areal.
Outra novidade dará comezo en abril, cando o Concello habilitará unha zona de promoción de hábitos saudables na que se instalarán varios postos de medición de parámetros da saúde (tensión arterial, peso, talla, cálculo de Indice de Masa Corporal, medida do perímetro abdominal, etc), nos que os técnicos da Unidade Saudable do Concello de Vigo guiarán aos que se acheguen en cada medición e relacionarán os datos obtidos coa mellora das capacidades físicas e de saúde en cada un deles.
Outras iniciativas para o 2009 serán as charlas-coloquio impartidas polo nutricionista do Plan Saúde en distintas asociacións de veciños da cidade, a información útil sobre nutrición que estará dispoñible na web municipal, e actividades saudables dirixidas aos bañistas na tempada estival e información sobre a exposición solar, por exemplo.
Estudo antropométrico
A Concellería de Sanidade e a de Educación, en colaboración coa Unidade Docente de Mediciña Familiar da área de Vigo, están a ultimar os preparativos para poder levar a cabo estudos antropométricos aos rapaces de primeiro e segundo da ESO.
Segundo a planificación prevista, en maio e xuño se rexistrarán datos que permitirán elaborar un estudo científico sobre a poboación nesas idades, imprescindible para sentar as bases e definir os obxectivos futuros para loitar contra problemas como a obesidade, prevención de diabete, control dos niveis de colesterol, e en xeral prevención cardiovascular.
Descargar todas as imaxes