Santi Domínguez asegura que se dará o máximo apoio ao Salón do Automóbil dende Tenencia de Alcaldía e Turismo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este martes que tanto Tenencia de Alcaldía como a Concellería de Turismo "van a dar o máximo apoio" ao Salón do Automóbil. O nacionalista así o expresou tras a reunión que mantivo cos organizadores do certame e salientou que ese apoio ten o obxectivo de acadar que este evento "se siga configurando como salón emblemático do IFEVI".
"Dende o Concello de Vigo temos que axudar e volcarnos nun salón que é un dos máis importantes do estado español e que corresponde a un sector estratéxico da nosa cidade, como é o automobilístico", destacou o tenente de alcalde. Santi Domínguez sinalou asemade que se está a "traballar conxuntamente cos organizadores" do salón para celebrar a súa XVIII edición.
Neste sentido, por parte da organización, a cargo da empresa Eventos do Motor, asegurouse que o salón "está seguindo o seu curso" e que proximamente se levará a cabo o sorteo dos stands. "A xuntanza tiña o obxectivo de transmitir ao tenente de alcalde o momento que está atravesando o sector", sinalaron ao remate do encontro, ao tempo que que outro obxectivo da xuntanza foi o de transmitirlle a Santi Domínguez a necesidade de solicitar axudas "que revirtan directamente nos expositores para abaratar os custes do recinto feiral".
"Cremos que hai disposición por parte do tenente de alcalde para sacar adiante o salón", aseguraron. Asemade, subliñaron que a celebración deste certame é, no contexto actual, "máis necesaria que nunca".
Descargar todas as imaxes