Comezo das obras de humanización da Travesía do Pino
Hoxe luns, 9 de febreiro,iniciaronse os traballos de humanización da Travesía do Pino, unha obra de 217.000 euros de orzamento que se alongará durante dous meses.
Os traballos de mellora restrinxen o tráfico de vehículos pola rúa durante os dous meses que durará a humanización, mantendo o acceso aos garaxes. O departamento de Mobilidade, Seguridade e Transporte do Concello de Vigo, que dirixe o socialista Xulio Calviño, solicita unha vez máis a máxima colaboración cidadá.
Seguindo o modelo de humanizacións adoptado noutras rúas viguesas polo goberno local, Travesía do Pino verá renovado o pavimento da calzada, a banda de estacionamento e as beirarrúas, ademáis da inclusión de novos puntos de luz, arborado e mobiliario, e da ampliación das redes de abastecemento, saneamento (con rede separativa para pluviais e fecais) e electricidade.
Actualmente, Travesía do Pino presenta un estado de conservación moi deficiente, ademais dunha configuración irregular, polo que a devandita renovación non se restrinxe unicamente ao cambio superficial do pavimento, senón que tamén formula unha nova rasante, máis uniforme. Para iso amplíanse as zonas dedicadas ao peón. Deste modo, a calzada contará cun carril de circulación de 3,25 metros de ancho e banda de aparcamento na marxe sueste de 2,00 metros, co que se obteñen beirarrúas dunha media aproximada de 2,5 metros de ancho.
Os materiais utilizados para a pavimentación responden a criterios de calidade e eficiencia. As beirarrúas serán de granito e a banda de aparcamento, adoquinada. Como noutras humanizacións, os materiais garanten unha boa conservación e mantemento, unha transitabilidade moi cómoda que, por outro lado, ofrece posibilidades estéticas e funcionais.