Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Convocatoria do exame para a obtencíón do permiso municipal de condución de autotaxis

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do permiso municipal de condutor de autotaxi, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, e que se relaciona seguidamente, até o día 24 de febreiro dos correntes.

venres, 6 feb 2009
Pago Taxas.
Dúas fotos.
fotocopia compulsada do DNI.
fotocopia compulsada do carnet de conducir (onde conste a data de expedición e a data de validez do BTP).
certificado médico oficial conforme non padece ningunha enfermidade infecto-contaxiosa (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do exame).

As probas realizaranse o día 11 de marzo de 2009, na Casa do Concello. Os solicitantes comparecerán provistos de bolígrafo, DNI e carné de conducir.


As listas, nas que se indicará o lugar de realización da proba, o horario no que cada solicitante debe presentarse á mesma e demáis circunstancias relacionadas, publicaranse no Taboleiro de Edictos, na páxina web do Concello e nas oficinas da Area de Mobilidade, Transporte e Seguridade, a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes.


O Tribunal está composto por:

Presidente: Xulio Calviño Rodríguez
Secretaria: Carmen Pintado García
Vocal: Odilo Mosquera Carballo