Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 6 feb 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 9 DE FEBREIRO DE 2009.


1.- Actas das sesións ordinarias do 12 e 19 de xaneiro de 2009.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta das seguintes sentenzas e autos:

a) Sentenza do X.Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. nº 326/2008.Demandante: D. MANUEL BUENO HEREDIA. Obxecto: Desestimación presunta de escrito de 10/03/2008, sobre retribucións (Servizo Extinción de Incendios). Desestimado.

b) Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 93/2008 interposto por D. UBALDO RIVAS ROMERO contra sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo sobre o cesamento como titular da Asesoría Xurídica, e nomeamento de novo titular. Desestimada a apelación.

c) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. nº 384/2008. Demandante: D. SIMÓN GONZÁLEZ SALGADO. Obxecto: Desestimación presunta de responsabilidade patrimonial (expte. 1757/243). Rematado por satisfacción extraprocesual.

d) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A p. a. nº 358/08. Demandante: D. ANTONIO RUFINO CALVO GONZALEZ. Obxecto: Silencio administrativo en responsabilidade patrimonial (expte.1546/243). Desestimento do actor.

e) Sentenza do TSXG no RC-A p. o. nº 01/0428/2005. Demandante: D. FERNANDO SOLVEIRA DE LA FUENTE E OUTROS. Obxecto: Orzamentos para 2005, pleno 28/02/2005. Transformación de 3 prazas no servizo de Extinción de Incendios, de Sarxento en Suboficial. Desestimado o recurso.

f) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A P.A. nº 112/08. Demandante: D. PABLO EMILIO TORRADO GONZÁLEZ e WINTERTHUR SEGUROS GENERALES. Obxecto: Resolución 4/03/08 en reclamación patrimonial de danos (Expte.1507/243). Desestimado o recurso.

g) Auto do X. Contencioso Administrativo nº1 de Vigo no RCA 180/08 p.a. Demandante: D. RICARDO CORREA ABOLLO. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial (expte. 1622/243). Desestimento do demandante.

h) Sentenza da A.P. Pontevedra no rec. Apelación nº 5194/07 (Civil), interposto por Dª. CARMEN ALONSO BERGE contra sentenza do X. 1ª Instancia nº 3 de Vigo no Xuízo Verbal 911/06 (Civil. Sobre acción real do art. 41 da L. Hipotecaria en relación con camiño (de uso) público. Desestimado o rec. Apelación.

i) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 426/2008 p.a. Demandante: D. OSCAR CODESIDO BREIJO. Obxecto: Sancións de tráfico e resolución da Xefatura Provincial de Tráfico do 15.02.2008 sobre "puntos". Expte. 088609382/87/89/92/93. Inadmisible por extemporáneo.

k) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A P.O. Nº 171/200. Demandante: Dª CONCEPCION GONZALEZ PEREZ e D CANDIDO PENA PEREZ. Obxecto: Vía de feito por ocupación de terreos para vial, Donin, Coruxo (Expte. 8385/240). Desestimento dos actores.

l) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A Nº 10/06 p.o. Demandante: D. MANUEL ESTÉVEZ MONTERO E Dª MARINA ESTÉVEZ VÁZQUEZ. Obxecto: Desafiuzamento de locais municipais (mercado R. Progreso). Expte. 15107/240 locais nº 13, 15 e 20. Desestimatoria.

Sentenza do TSXG no rec. Apelación nº 4158/2007 interposto por D. MANUEL ESTÉVEZ MONTERO E Dª MARINA ESTÉVEZ VÁZQUEZ, contra a antedita sentenza. Desestimado o recurso de apelación.

m) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 410/08 p.a. Demandante: D. ALBERTO RODRÍGUEZ SANTIAGO E ATLANTIS SEGUROS ATLANTIS. Obxecto: Desestimación presunta de reclamación patrimonial (expte.: 1732/243). Rematado o procedemento.

n) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 242/2008 p. a. Demandante: D. JESÚS LOPEZ ESTEVEZ (BODEGAS LITAN, S.L.). OBXECTO: Sanción de tráfico. Expte. nº.: 88683739. Estimado o recurso.

o) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A Nº 362/07 P.o. Demandante: D. JOSÉ BERNÁRDEZ FERNÁNDEZ E 2 IRMÁS. Obxecto: Vía de feito en ocupación de finca para apertura da R. Pedro Alvarado. Expediente nº 144/413, predio nº A-02. Inadmisible o recurso.

p) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 298/2008 p.a. Demandante: D. MANUEL PÉREZ CIM. Obxecto: Resolución da Xunta de Goberno Local, do 21/01/2008, en reclamación patrimonial (expte. 1362-243). Desestimado o recurso.

q) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 473/07 p.o. Demandante: Dª LUCIA MONTERO ALFONSO. Obxecto: desestimación presunta de reclamación patrimonial (expte.786/243). Estimado parcialmente o recurso.

r) Sentenza do TSXG no RC-A nº 01/0034/06. Demandante: CONCELLO de VIGO. Obxecto: Resolución da Consellería de Medio Rural do 27/10/05. Denuncia do Convenio asinado o 20/05/05.
Desestimado o recurso.

s) Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 142/08 p.a. Demandante: D. JAVIER MEANA PAIS. Obxecto: Resolución XGL 11/02/08 en reclamación patrimonial (expte. 1392/243). Desestimado o recurso.

t) Auto do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 442/08 p.a. Demandante: D. JUAN L. FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. Obxecto: Desestimación "presunta" de reclamación retributiva (C. produtividade por diferenza de función bombeiro-cabo). Arquivo do procedemento.


BENESTAR SOCIAL
3.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 13/2448, 1593/03, 13/2443, 1/2007, 2/2385, 11/1984, 13/921, 12/1873, 12/2029.

4.- Prestación do Servizo de Centro de Día para persoas Maiores: alta exptes. 3/137, 2/2278.

CULTURA
5.- Relación de expedientes de contratación de gasto menor realizados polo departamento de Cultura no mes de xaneiro. Expte. 11469/331.

DEPORTES
6.- Proxecto de convenio de colaboración co Clube Vigo Voleibol en base á actividade do equipo de élite na tempada 08/09. Expte. 8435/333.

7.- Proxecto de convenio de colaboración co Clube Deportivo AMFIV en base á actividade do seu equipo de élite na tempada 08/09. Expte. 8425/333.

8.- Proxecto de convenio de colaboración co Clube Bosco en base á actividade do seu equipo de élite na tempada 08/09. Expte. 8429/333.

9.- Proxecto de convenio de colaboración co Clube S.D. Octavio en base á actividade do seu equipo de élite na tempada 08/09. Expte. 8432/333.

10.- Solicitude do ANPA Coutada Beade de autorización para a celebración do XXXIII Cross Escolar Coutada Beade o día 22 de marzo de 2009. Expte. 8405/333.

11.- Solicitude do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo para a celebración da carreira "10 km Cidade Universitaria" o día 22 de marzo de 2009. Expte. 8407/333.

12.- Solicitude da Federación Galega de Deportes para Discapacitados para a celebración do Campionato Galego de Campo a Través 2009 o día 11 de febreiro de 2009. Expte.8437/333.

EDUCACIÓN
13.- Dirección de obra e Plan de seguridade e saúde da obra de "Acondicionamento da Escola de Música de Vigo". Expte. 10306/332.

EMPREGO
14.- Proposta para a aprobación do proxecto "Emprende en Cooperativa" e solicitude de subvención á Consellería de Traballo da Xutna de Galicia. Expte. 5674/77.

15.- Proposta para a aprobación do proxecto "Vigo Ornamental" e solicitude de subvención á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Expte. 5660/77.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
16.- Indemnización substitutiva por importe de 267.121,85 € a favor da empresa "Limpezas del Noroeste S.A.". Expte. 18544/240.

17.- Devolución de fianza a favor de La Fiesta Escénica S.L. Expte. 2608/241.

18.- Aboamento de cotas da Comunidade de Propietarios do inmoble sito na rúa República Argentina nº 12-14. Expte. 18555/240.


PATRIMONIO HISTÓRICO
19.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Patrimonio Histórico durante o mes de xaneiro de 2009. Expte. 4790/307.


PERSOAL
20.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Extinción de Incendios correspondente ao mes de decembro 2008. Expte. 18742/220.

21.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos municipais correspondente aos meses de xullo e novembro 2008. Expte. 18684/220.

22.- Productividade do persoal municipal por conducción de vehículos lixeiros municipais, correspondentes ao 4º trimestre 2008. Expte. 18747/220.

23.- Axudas especiais con cargo ao Fondo de Acción Social. Expte. 18748/220.

24.- Festividade e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de decembro 2008. Expte. 18749/220.

25.- Productividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil, decembro 2008. Expte. 18751/220.

26.- Complemento de productividade por toxicidade persoal Desinfección decembro 2008. Expte. 18752/220

27.- Productividade por conducción de maquinaria pesada do persoal do Parque Móbil correspondente ao 4º trimestre 2008. Expte. 18753/220.

28.- Gratificación por servizos extraordinarios de domingos, festivos e xornada nocturna da Policía Local correspondente ao mes de novembro 2008. Expte. 18754/220.

29.- Productividade por xornada partida do persoal de Cemiterios correspondente ao mes de decembro 2008. Expte. 18755/220.

30.- Gastos de locomoción do mes de novembro-decembro 2008. Expte. 18761/220.

31.- Xornadas de reforzos da Policía Local, decembro 2008. Expte. 33881/212.

32.- Bases e orzamento do Fondo de Acción Social para o ano 2009. Expte. 18719/220


URBANISMO
33.- Oferta de emprego público da Xerencia municipal de Urbanismo, exercizo 2009. Expte. 3535/407.

34.- Modificación do domicilio social da Xunta de compensación do Polígono 3 do PERI IV-01 San Roque A. Expte. 4890/401.

35.- Disolución da Xunta de Compensación do Plan Parcial Cambeses. Expte. 4884/401.

36.- Informe sobre o estado de exeución das sentenzas referentes ao ámbito da "Unidade de Execución I-05 Rosalía de Castro I" e nomeamento dun grupo de traballo para a súa resolución. Expte. 989/400.


VIAS E OBRAS
37.- Devolución de fianza a Domus Home S.L. por obras na rúa Canceleiro nº 18. Expte. 56566/250.

38.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 9 de febreiro de 2009, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 9 de febreiro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.