Escoitar

O alcalde asina con empresarios e sindicatos un protocolo para establecer mecanismos de creación de emprego

O Pacto Local polo Emprego, que conta con 2,5 millóns de euros de inversión para os próximos 3 anos, establece o "clima de cooperación" entre as tres partes para iniciar mesas sectoriais de traballo que culminen en "acordos, obxectivos e demandas" para a creación de emprego en Vigo, salientou Abel Caballero. Este venres tivo lugar a súa sinatura.

venres, 6 feb 2009
1233928720pacto.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou este venres con representantes dos tres sindicatos maioritarios e de asociacións empresariais (CEP, APE e AJE) o Pacto Local polo Emprego, un protocolo de colaboración que establecerá entre as partes distintas mesas sectoriais para acadar "acordos, obxectivos e demandas" para a creación de emprego en Vigo, indicou o rexedor. O Pacto conta con 2,5 millóns de inversión e unha duración de 3 anos.

Abel Caballero salientou que "este é o mellor momento para desenvolvelo", debido a crise económica, pois significa que en Vigo "somos capaces de establecer un protocolo entre o Concello, os sindicatos e os empresarios para acordar mecanismos de creación de emprego". O Pacto contempla a creación de mesas sectoriais entre as partes, accións de formación, asesoramento e fomento das novas tecnoloxías e actividades de seguimiento e avaliación dos resultados.

O Pacto se configura como un medio para mobilizar os recursos locais para a creación de emprego, un instrumento para identificar as actividades susceptibles de crear novos postos de traballo, unhas ferramentas para planificar a política de emprego en Vigo e uns criterios de avaliación para establecer un proceso continuo de desenvolvemento da política local de emprego.

Imos Traballar
O programa municipal Imos Traballar aglutina tanto o Pacto Local polo Emprego como os itinerarios integrados de inserción sociolaboral, tratando de conquerir tanto a diminución da taxa de desemprego no área de Vigo coma que o emprego que se xere sexa emprego sostible e de calidade.

Así o obxectivo principal é a mellora da empregabilidade dos demandantes de emprego da cidade de Vigo, prestando unha maior atención ás persoas con maiores dificultades para a súa inserción; ofertándolles un asesoramento e acompañamento individualizado, así coma a posibilidade de levar a cabo unha formación relacionada coa prestación de servizos a persoas dependentes, con prácticas nas empresas axustadas ás súas necesidades e ós requerimentos do mercado laboral.

No proxecto impartiranse 33 cursos cun total de 500 beneficiarios cun orzamento total de 2,5 millóns de euros.

A implantación de pacto local polo emprego será un proceso de planificación que deberá seguir os seguintes pasos:
 Análise das necesidades e determinación das estratexias.
 Elaboración das perspectivas locais de emprego a través da participación cidadá.
 Identificación dos novos xacimentos de emprego.
 Planificación consensual das acción para o emprego.
 Execución, seguimento e avaliación.

O seu obxectivo final será redactar e asinar un documento consensuado por todos estes axentes máis aqueles que desexen incorporarse.
Nos itinerarios activos de inserción laboral, o usuario, a través dunha entrevista personalizada co titor e mediante unha ferramenta de valoración de competencias profesionais, será derivado ao itinerario formativo que máis se adapte ás súas habilidades.

Os itinerarios formativos son os seguintes:
 Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio.
 Empregada de fogar.
 Coidador de discapacitados físicos e psíquicos.
 Animador de persoas maiores.
 Especialista na atención domiciliaria infantil.

Conxuntamente levaranse a cabo unha serie de módulos formativos transversais a través dun aula virtual en PDA. Durante todo o proceso formativo esistirá unha titorización de cada unha das persoas participantes e un acompañamento á inserción mediante a utilización dun espazo empregro que contará con todos os recursos necesarios para a búsqueda activa de traballo.

Como apoio a todo o proceso de titorización e de contacto directo coas persoas usuarias, ás empresas, ós membros di pacto e a población viguesa crearase un PORTAL WEB que aportará servizos e centralizará a maior parte das actividades do proxecto.
Descargar todas as imaxes