As prazas libres da zona azul duplicaronse no segundo semestre de 2008 e as infracións reducíronse á metade<br />
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, presentou este xoves o balance da zona azul desde xullo, cando se comezaron a facer efectivas todas as sancións. No segundo semestre de 2008, as prazas libres pasaron dun 9% a un 18% e as sancións reducironse de media nun 50%; un balance "moi satisfactorio" para Calviño que demostra que "está a funcionar o sistema" de rotación na XER.
O balance realizado pola concesionaria da zona azul (XER) no Concello de Vigo, a empresa Dornier, e presentado hoxe xoves polo concelleiro de Transporte, Seguridade e Mobilidade, Xulio Calviño, arroxa uns resultados "moi satisfactorios" para o edil pois duplicou no segundo semestre de 2008 as prazas libres dispoñibles e reducíu á metade as infracións sancionadas.
Despois dun acordo coa concesionaria, Xulio Calviño anunciara en xullo que desde entón se tramitarían todas as infracións notificadas polos controladores da zona azul, xa que con anterioridade non se efectuaron. O efecto disuasorio da medida demostra para Calviño que "está a funcionar o sistema", pois se atopan máis ocos para estacionar e se cometen menos infracións, favorecendo a rotación.
Comparando os datos de finais de 2007 cos de finais de 2008, as prazas libres se duplicaron, pasando dun 9,71% ao 18,37%. No tocante ás sancións, as máis habituais son o estacionamento sen ticket (un 45% do total) e superar o horario máximo autorizado no ticket (un 42%). Sumando ambas, en outubro de 2008 o número de infracións ascendeu a 11.870, mentres que as computadas en decembro son 5.475. O total de multas impostas no segundo semestre do pasado 2008 é de 65.324 sancións.
Por outra banda, a ocupación media anual ascendeu ao 60,22% no 2008, cando no 2006 era do 40,56%. Ademais, o índice de rotación tamén se incrementou no mesmo periodo temporal, pasando de 2,56 vehículos por praza e día aos 4,31 da actualidade, o que en opinión do edil facilita aos condutores atopar espazos libres. A estancia media dos vehículos descendeu dos 88,90 minutos de 2006 aos 78,31 do 2008.
O servizo de Xestión de Estacionamento Regulado conta na actualidade con 2.322 prazas, 528 menos que en setembro de 2007, unha redución debida ás humanizacións de rúas, ao incremento das prazas para motos e a aplicación da nova ordenanza de carga e descarga, entre outros factores.
Descargar todas as imaxes