Santi Domínguez salienta na súa visita a Alento o importante labor que desenvolven estas entidades
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron hoxe as instalación de Alento, Asociación de Dano Cerebral, para coñecer de primeira man o traballado que desenvolven e coñecer cales son as súas necesidades. O tenente de alcalde salientou o importante labor que estas entidades realizan na nosa sociedade e amosou a súa disposición a intensificar os cauces de colaboración e axuda que xa se manteñen desde Benestar Social.
O tenente de alcalde explicou que a visita a Alento é unha máis das que están a realizar a todas as entidades que traballan con persoas discapacidade, en risco de exclusión social ou desfavorecidas para manter un contacto directo con seus responsables e coas persoas ás que prestan atención. "Desde as administración nunca poderemos agradecer o suficiente o traballo que desenvolven estas asociacións. O labor que fan, neste caso coas persoas con dano celebrar, é moi importante xa que favorece a súa integración na sociedade", dixo.
Santi Domínguez fixo referencia á rede pública de benestar que están poñendo en marcha a Xunta e o Concello, pero indicou que "nesa rede é moi importante que estén presentes estas asociacións, que cubren un sector moi importante da poboación, e das que hai que recoller as súas experiencias e demandas"
Alento atende a 60 persoas afectadas de dano cerebral, en turnos de mañá e tarde. O tenente de alcalde e a concelleira de Benestar escoitaron os proxectos que teñen en marcha para o futuro e comprometeron a súa colaboración.
Descargar todas as imaxes