venres, 13 febreiro 2009

O Entroido recupera este ano as raíces e sinais de identidade da tradición viguesa do século XIX

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, presentaron hoxe a programación do Entroido, que este ano trata de recuperar as súas orixes e os sinais de identidades propias da cidade. A actividade iniciarase o venres, día 20, co lectura do pregón a cargo de Antón Bouzas e a entronización do Rei e a Raiña do Entroido e rematará o mércores, día 25, co sepelio do Deus Momo, todos eles personaxes rescatados da tradición viguesa.<br />

Avisos

Apertura do recinto da antiga ETEA

venres, 13 feb 2009

Póñese en coñecemento do público en xeral que os operarios da ETEA procederán o sábado,día 14, ás 17h á apertura do recinto para o libre acceso de todos os vigueses e viguesas.

Recadación Voluntaria

Imposto vehículos de tracción mecánica - Domiciliacións

venres, 13 feb 2009

De acordo co art. 36.3 da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) do ano 2009 ata o 27 de febreiro do presente ano.

Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Sanjurjo Badía

venres, 13 feb 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado, a realizar pola empresa Sercoysa, estará pechada ao tráfico a rúa Sanjurjo Badía, treito entre Coutadas e Enrique Lorenzo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o domingo 15 de febreiro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado dun día.