Escoitar

O Ifevi acollerá o 22 de febreiro, por primeira vez, o Enduro Indoor cos mellores pilotos do momento<br /> <br />

O próximo 22 de febreiro o Ifevi acollerá o primeiro Enduro Indoor "Trofeo Turismo de Vigo", un espectáculo deportivo inétido ata o de agora en Galiza. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou que a proba vai reunir aos mellores especialistas desta modalidade de motociclismo de montaña e considerá que se vai gozar dun gran espectáculo. Participarán, entre outros pilotos, o tres veces campión do mundo Iván Cervantes, do equipo Team KTM, que está considerado como a principal figura deste deporte.

xoves, 12 feb 2009
1234446165enduro.jpg
O Enduro Indoor é unha especialidade na que se recrea, nun circuito cuberto con gradas, os percorridos habituais destas probas que teñen como escenario a montaña. Os pilotos teñen que pelexar contra o crono nun circuito cheo de obstáculos.

Ademáis de Iván Cervantes, estarán tamén os mellores enduristas nacionais, como Xavi Galindo, Oriol Mena y Lorenzo Santolino, ademáis da sete veces campiona do Mundo de Trial femenino, Laia Sanz. O plantel de pilotos destacados inclúe a dous galegos que están na élite do enduro nacional: o porriñés Xacob Agra, piloto de KTM, e o piloto de Cangas Aarón Bernárdez, piloto oficial de BMW.

O tenente de alcalde salientou a importancia de que a cidade poda acoller esta proba, tanto pola repercusión que vai ter na proxección exterior da cidade, como polo retorno económico que suporá. Asemade, fixo fincapé na aposta pola potenciación do Ifevi como un recinto que pode acoger calquera tipo de eventos. En canto ao aspecto puramente deportivo dixo que "é importante que os grandes pilotos galegos que temos teñan un lugar no que poder amosarse. Estos eventos permitennos poder presumir de pilotos".

Pola súa banda, Xacob Agra, como responsable do Moto Club Papaya, explicou que vai a estar colaborando na preparación do circuito."Intentaremos que sexa un percorrido moi espectacular", asegurou. Ao mesmo tempo salientou o nivel dos participantes e agradeceu o apoio da Tenencia de Alcaldía para que Vigo poda ser o escenario por primeira vez en Galiza dunha proba destas características.
Descargar todas as imaxes