Aberto o prazo de inscricións de voluntariado para o maraton Vig-Bay
A Oficina Municipal de Voluntariado e o Clube de Corredores Vig-Bay teñen aberto o prazo de inscricións, ata o 27 de febreiro, para as persoas que desexen participar de voluntariado de cara un bo desenlace da proba que será o próximo domingo 29 de marzo, unha data importante xa que este ano se celébra a X Edición e se espera contar cunha participación de 3.000 atletas.<br />
O medio maratón Vig-Bay é un dos máis importantes a nivel nacional. O que empezou como unha carreira con escasa participación (615 atletas tomaron a saída na primeira edición no ano 2000, converteuse nunha carreira cunha afluencia masiva e nove edicións celebradas. O ano pasado participaron 2671 atletas procedentes de tódolos puntos de España e de fora do país. Para o 2009 esperase chegar aos 3000 participantes.
En canto ó pérfil de percorrido e distancia, o Medio Maratón Vig-Bay parte da Praia de Samil, atravesa o municipio de Nigrán e remata en Baiona, deixando atrás 21,5 km. distancia que separa a saída da meta. É o único medio maratón que discorre por 3 municipios diferentes, coas dificultades engadidas que iso acarrexa e polo tanto a súa organización ten que ser exquisita.
As persoas interesadas en participar como voluntariado deberán cubrir o boletin de inscrición que se adxunta.
Descargar todas as imaxes