Conferencia sobre la mediación escolar
La concellería de Educación programa para o xoves, día 12, unha conferencia sobre "A mediación escolar como ferramenta de mellora da convivencia nos centros escolares" A conferencia, de acceso libre, terá lugar no auditorio da rúa Areal ás 19.00 horas e estará a cargo de Juan Carlos Torrego Seijo, profesor do departamento de Didáctica da Universidade de Alcalá.
O obxectivo principal desta conferencia é o de sensibilizar ao conxunto da cidadanía e moi particularmente á comunidade educativa da nosa cidade, da importancia da convivencia escolar como factor de calidade para unha escola máis democrática, respectuosa entre todos e todas, solidaria e sen nengún tipo de discriminacións e violencias.
Para aprender a resolver conflictos no ámbeto educativo de xeito positivo, Juan Carlos Torrego Seijo, recoñecido autor de diversas publicacións e investigacións sobre "Mediación e resolución de conflictos nas institucións educativas", preséntanos un método concreto de resolución non violenta de conflictos: A Mediación. Consiste nun proceso no que dúas partes enfrontadas, recorren voluntariamente a unha terceira persoa imparcial, o/a mediador/a, para tentar que as partes en conflicto cheguen a un acordo satisfactorio mediante o diálogo.
Os mediadores/as poden ser alumnos/as, profesores/as, pais/nais. Non son nin xuíces, nin árbitros, non impoñen solucións, nin opinan sobre quen ten a verdade, o que buscan é satisfacer as necesidades das partes en disputa, regulando o proceso de comunicación e conducíndoo por medio de sinxelos pasos nos que, si as partes colaboran, é posible chegar a unha solución na que todos gañen ou, ao menos, queden satisfeitos.
Descargar todas as imaxes