Abel Caballero e Elena Espinosa presetan o mércores a Mostra Mundial da Pesca, que se celebrará en Vigo o próximo mes de setembro
No mesmo acto, no que participará a Ministra de Medioambiente, Elena Espinosa, se presentará a primeira edición da Aqua Farming International, unha feira profesional dirixida ao sector da acuicultura que se celebrará coincidindo coa World Fishing Exhibition, e que contará con 3.000 metros cadrados de superficie.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, en calidade de presidente da Comisión Organizadora da World Fishing Exhibition-Vigo'09, e Afonso Paz-Andrade, Presidente do Comité Executivo presentarán o vindeiro xoves na Estación Marítima de Vigo a próxima edición da Exposición Mundial da Pesca, que se celebrará do 16 ao 19 de setembro no recinto feiral "José Nogueira Dalmás".
Intervirán a Ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, Elena Espinosa, a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, e o director xeral de Caixagalicia, José Luís Méndez.
No mesmo acto, que dará comezo ás 19 horas, presentarase, a primeira edición de Aqua Farming International, a feira profesional destinada ao sector da acuicultura que se celebra coincidindo coa World Fishing Exhibition, e que contará cun espazo de 3.000 metros cadrados.
Descargar todas as imaxes