O alcalde adianta ao Xuíz Decano que "en 18 meses" estarán expropiados os terreos da Cidade da Xustiza
Urbanismo mantén abertas as vías da expropiación, de carácter municipal, e da declaración de supramunicipalidade, a cargo da Xunta de Galicia, co obxectivo de comezar o antes posible a Cidade da Xustiza. Abel Caballero e Jaime Bardají mantiveron este martes unha reunión na que ambos fixeron un seguemento da situación xudicial en Vigo, para o que o alcalde constituirá un Consello Asesor de Xustiza.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este martes que o Concello porá os terreos para a construción da Cidade da Xustiza a disposición da Xunta de Galicia "en 18 meses".
Tras unha reunión co Maxistrado Decano dos Xulgados de Vigo, Jaime Barjadí, o rexedor explicou que, dos tres posibles procedementos para a consecución dos terreos, Urbanismo descartou a vía da compensación -os propietarios desenvolven o ámbito e ceden os terreos- pola súa lentitude, e mantén abertas as vías da expropiación a efecuar polo municipio e pola Xunta de Galicia, a través dunha declaración de supramunicipalidade. O obxectivo é levar adiante a opción que acelere ao máximo os trámites.
O Concello, segundo explicou Abel Caballero, está a comezar a expropiación das dúas parcelas, nas que se estima haberá unhas 20 vivendas, e ofreceralles aos propietarios a posibilidade dun realoxo temporal gratuíto noutros pisos municipais para volver ao seu ámbito unha vez rematado o desenvolvemento do mesmo. Outra opción pasaría polo procedemento habitual de pagamento da propiedade.
Os técnicos de Urbanismo, informou o rexedor, indican que a vía da expropiación desde o Concello será posiblemente a máis rápida. Os terreos poderían estar a disposición municipal en 18 meses, para despois cederllos á Xunta de Galicia para o inicio do proxecto.
Consello Asesor de Xustiza
O alcalde, nos transcurso do encontro con Jaime Bardají, acordou a constitución e convocatoria tras as eleccións de marzo do Consello Asesor de Xustiza, encargado do seguemento do estado da xustiza na cidade así coma das dotacións e infraestuturas necesarias, como a localización do Xulgado Civil en Vigo ou a instalación do Mercantil, prevista para este ano. A este respecto, Abel Caballero e Bardají mostraron a súa convicción da chegada a Vigo en 2009 do Xulgado Mercantil.