A Atlantic Challenge de Vigo conta xa coa participación de 25 barcos
O alcalde, Abel Caballero, e os responsables do evento reuníronse este xoves para estudar a evolución da antiga Cutty Sark, que partirá de Vigo dos días 30 de abril ao 3 de maio. Ademais do número "moi elevado" de embarcacións confimadas, o rexedor indicou que se está en conversas para conseguir dous grandes barcos máis.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves que a Atlantic Challenge ten xa confirmada a participación duns 25 barcos, dos que tres son embarcacións da clase A, con máis de 50 metros de eslora.
O rexedor mantivo hoxe xoves unha reunión cos responsables da antiga Cutty Sark, para avaliar o estado do evento. Segundo informou, as partes constataron o "número moi elevado" de barcos xa confirmados o que garante un "éxito importante" da Atlantic Challenge.
Abel Caballero asegurou que o bo resultado desta celebración permitirá "potenciar a afluencia turística" á cidade, o que se cabe tórnase máis importante no momento actual de crise. O alcalde salientou que están iniciadas as conversas para sumar "tres grandes veleros de nivel internacional" ao evento, todos eles de clase A.
Saída desde Vigo
A Tall Ships Atlantic Challenge 2009, presente en Vigo do 30 de abril ao 3 de maio, parte da cidade olívica para rematar do 13 ao 16 de agosto en Belfast. O regata percorre 7.000 millas náuticas polo Atlántico Norte seguindo a tradicional ruta dos antigos veleros, e pasará polas cidades de Tenerife, Bermuda, Charleston, Boston e Halifax; en total, sete urbes de cinco países distintos.
Descargar todas as imaxes