A Fundación Vigueses Distinguidos propón ao alcalde a creación dun Museo Industrial de Vigo
Abel Caballero recibíu hoxe venres á nova dirección da Fundación Vigueses Distinguidos, encabezados polo Valedor do Cidadá, Luis Espada. Ademais de pasar revisión aos grandes proxectos da cidade, como as humanizacións, a Fundación presentou distintas ideas ao alcalde, como a creación dun Museo Industrial e a instalación dun indicador da calidade do aire.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu hoxe venres á renovada dirección da Fundación Vigueses Distinguidos, para pasar revisión ao estado da cidade, aos seus grandes proxectos e presentar ao rexedor propostas como a creación dun Museo Indutrial de Vigo. Estos encontros se veñen celebrando de xeito periódico.
A Fundación transmitíu ao alcalde que Vigo debe configurarse como cidade cultural, polo que apostan por complementalo co carácter industrial da urbe, e propón un Museo Industrial que aglutine aos sectores do naval, do metal e o conserveiro.
Alcalde e a Fundación dialogaron asemade de aspectos medioambientais, particularmente da calidade do aire. Os Vigueses Distinguidos propuxeron ao rexedor a instalación dun Indicador da Calidade do Aire Exterior na zona do Náutico, que complementaría á instalación localizada na Avenida de Madrid. O obxectivo pasa por que todos os cidadáns que por alí paseen poidan comprobar a calidade do aire con informacións periódicas sobre esta, ademais da temperatura, a humidade relativa, etc.
Os Vigueses Distinguidos propuxeron igualmente a Abel Caballero outras ideas como a procura de elementos que axuden á identificación dos vigueses coa súa cidade, a elaboración dunhas xornadas anuales sobre Vigo e a promoción de actividades que conleven boas prácticas ambientais á cidadanía.
O alcalde, Abel Caballero, recolleu todas as propostas da Fundación Vigueses Distinguidos con agrado e interese, e lles informou do estado dos grandes proyectos da cidade, en especial das humanizacións xa realizadas, as que están en marcha e as que comezarán nos próximos meses a cargo do Fondo Estatal de Inversión Local, o Plan E do Goberno de España.
Antigos Alumnos
O rexedor vigués mantivo ao longo da mañá deste venres unha reunión co Presidente e Vicepresidente da Asociación Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo, José María Franco e José Luis Vázquez, respectivamente. Segundo indicou posteriormente Abel Caballero, do encontro se desprendeu a necesidade de achegar a Universidade á cidade.
A Asociación e o alcalde estudaron a posibilidade da colaboración conxunta para acadar este obxectivo, mediante actividades de carácter cultural como a organización de ciclos de conferencias nas que participen investigadores.