venres, 15 mai 2020
Asegurou o alcalde que os apoios concedidos nas últimas xornadas polo Concello ás persoas vulnerables rondan de media os 9.500 euros diarios, unha cantidade cinco ou seis veces superior á rexistrada antes da pandemia. O dato sinala “a intensidade” da actuación municipal nesta crise.
xoves, 14 mai 2020
O alcalde insistiu este xoves en que Vigo precisa da colaboración de todos os cidadáns, especialmente da mocidade por ser os que presentan máis mobilidade, para que a crise sanitaria non se reproduza. Abel Caballero explicou que este mércores a Policía denunciou a un hostaleiro porque a terraza non cumpría a normativa.
martes, 12 mai 2020
Abel Caballero mostrouse este martes disposto a autorizar ampliacións das terrazas das cafeterías alí onde sexa posible, previa solicitude ao Concello e respectando sempre a prioridade dos viandantes: “Os peóns son prioritarios, que quede clara esta cuestión”, sentenciou.
martes, 12 mai 2020
O alcalde non descarta a posibilidade de seguir ampliando o número de rúas e sinala que o Concello recibe moitas peticións para que se manteñan sen tráfico unha vez rematada a situación de pandemia.
luns, 11 mai 2020
O alcalde explica que as frecuencias das liñas do autobús da cidade coincide co paso á Fase 1 do proceso de desescalada. Amais, o Concello continúa este luns co reparto de 7.500 máscaras de protección.
luns, 11 mai 2020
En dúas ocasións o goberno local lle pediu á administración autonómica aclaracións sobre as parroquias de Vigo que poderían prescindir de restricións de franxas horarias nas súas saídas. Un documento da Subdelegación do Goberno atribúe á Xunta a capacidade para definir cales son eses núcleos de poboación, unha información que, a continuación, tería que trasladar aos concellos.
luns, 11 mai 2020
Desde mañá martes, entre as 17 e as 23 horas, outras 22 rúas máis serán total ou parcialmente peonís todos os días laborables e se engaden ás máis de vinte que xa o son desde finais da semana pasada. En domingos e festivos, as restricións ao tráfico rodado afectan a unhas 70 rúas.
venres, 8 mai 2020
Abel Caballero confirmou este venres o proceso de peonalización de rúas para a súa apertura aos cidadáns en diferentes zonas da cidade tamén en días laborais. O alcalde explicou que o Concello tamén mantén a medida en domingos e festivos iniciada xa a pasada semana.
venres, 8 mai 2020
O rexedor informou tamén de que este sábado se inicia o reparto de 7.500 máscaras protectoras nos mercados municipais e en tódalas parroquias viguesas e avanzou un encontro coas direccións dos centros escolares para coñecer a situación do alumnado.
xoves, 7 mai 2020
Como a outro espazo público, polo de agora só pode acceder quen resida no radio dun quilómetro de distancia dos camposantos. No ámbito do benestar, Caballero apunta que “non hai límite orzamentario para a axuda social”