O alcalde avanza que “a inicios de marzo” o acceso á estación de Urzáiz será desde Vía Norte

xoves, 4 feb 2021

Por primeira vez en décadas sen o paso elevado á AP9, Alfonso XIII está aberta ao tráfico desde este xoves e ata finais de mes. Será entón cando volva pecharse á circulación para continuar ás obras, entre estas, a demolición da actual estación provisional de tren. Así, desde comezos do próximo mes, o acceso rodado e peonil terá lugar pola praza superior do edificio.

O Concello deu cobertura e apoio a 26 rodaxes en Vigo en 2020 e recibiu este xaneiro outras catro peticións

mércores, 3 feb 2021

A cidade de Vigo xa é unha das preferidas polas produtoras para a rodaxe de películas, cortos e spots. O demostran as 26 peticións autorizadas en 2020 polo Concello para filmar nas rúas de Vigo e as catro recibidas ata o de agora neste 2021. “Promovemos e cooperamos porque xeran emprego e gasto no comercio e a hostalería local”, dixo o alcalde.

O goberno de Vigo repartirá outras 20.000 máscaras faciais nos mercados municipais

venres, 29 xan 2021

Ante as novas restricións decretadas pola Xunta ata o día 17, o alcalde anunciou este venres novas entregas gratuítas de máscaras faciais nas prazas de Cabral, Progreso, Teis, Calvario, Travesas, Berbés e Bouzas, os dous primeiros sábados de febreiro. Ademais, Vigo presta apoio loxístico e policial ao cribado que comeza este venres no IFEVI.

O Pleno insta á Autoridade Portuaria a "paralizar" calquera novo recheo na ría

mércores, 27 xan 2021

A maioría da Corporación Municipal deu luz verde esta mañá a unha moción socialista que solicita ao Porto a paralización de calquera iniciativa que supoña novos recheos na ría de Vigo. A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, reclamou ademais a elaboración dun plan axeitado para reubicar instalacións e optimizar o uso do espazo portuario.

O goberno de Vigo inicia a transformación da Praza da Estación, que recuperará a fachada da terminal de 1881

martes, 26 xan 2021

Con 1,9 millóns de investimento, o Concello comezou este martes os traballos de remodelación da praza e da Baixada á Estación, que se prolongarán durante seis meses. A actuación inclúe a reconstrución do frontal de pedra da antiga terminal ferroviaria, inaugurada a finais do século XIX.

Caballero: “É posible ampliar a actividade do Porto sen un só metro cadrado máis de recheo”

venres, 15 xan 2021

O Concello xa enviou a súa alegación ao recheo que a Autoridade Portuaria proxecta en Bouzas advertindo de que o necesario crecemento do espazo portuario é posible sen un só recheo máis na Ría. O alcalde avogou en rolda de prensa por accións como o actual silo para coches, que permite multiplicar a superficie útil por catro sen causar dano algún ao medio ambiente.