O goberno local dá luz verde á humanización de Taboada Leal cun orzamento de 565.000 euros
A Xunta de Goberno local aprobará mañá venres a proposta de adxudicación da humanización da rúa Taboada Leal, entre Ronda don Bosco e Venezuela, unha obra incluída dentro do convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra. O importe é de 565.000 euros e o prazo de execución, de 7 meses.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves en rolda de prensa da adxudicación na Xunta de Goberno Local do proxecto de humanización da rúa Taboada Leal, entre a Rúa Don Bosco e Venezuela. O importe da obra – en convenio coa Deputación de Pontevedra - é de 565.000 euros e o seu prazo de execución é de 7 meses.
Caballero destacou que o proxecto ordenará o tráfico na zona, e renovará e modernizará o trazado viario existente, con novos firmes en calzada e beirarrúas de uns 3 metros de ancho. Novo mobiliario urbano, arborado, instalación de rego, substitución de luminarias e renovación íntegra da rede de abastecemento serán outras das actuacións incluídas no proxecto.