Escoitar

Abel Caballero reclama á Xunta de Galicia que actúe de inmediato para manter e poñer en valor o río Lagares

O alcalde avanzou que o goberno local solicitará de forma oficial á Xunta de Galicia que actúe de maneira inmediata para executar os proxecto se conservación e mantemento do Lagares. Abel Caballero pasou revista este xoves aos traballos realizados no río polo Concello nos últimos meses.

xoves, 18 feb 2021
O alcalde supervisou os traballos no Lagares.
O alcalde supervisou os traballos no Lagares.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, supervisou este xoves as labores de limpeza levadas a cabo polo Concello no río Lagares durante os últimos dous meses. “Foron traballos moi importantes, eliminando maleza e limpando o leito, todo pagado polo Concello de Vigo”, destacou o rexedor.

Caballero indicou que dende que é alcalde a única administración que inviste no río Lagares á a local, a pesar de que as competencias son do Goberno galego. “Hai 14 anos había centos de verquidos, agora en canto prodúcese algún problema investigamos e multamos aos responsables, porque o Lagares é unha xoia ecolóxica”, apuntou.

Tamén destacou que a Xunta de Galicia non levou a cabo ningún investimento no ría, nin en limpezas, nin en acondicionamentos de paseos. “Hai doce anos que o ten abandonado”, insistiu.

En calquera caso, Abel Caballero avanzou que a concelleira de Urbanismo, María José Caride, vai dirixir unha comunicación oficial á administración autonómica para esixir que actúe de inmediato na labor de mantemento e posta en valor do Lagares. O alcalde mencionou unha acción concreta como a do Caramuxo, onde a Xunta quere expropiar terreos.

“Propón que o Concello pague de forma inminente as expropiacións, cun custe de 5 millóns de euros, para que eles fagan un investimento de 1,6 millóns dentro de catro anos, en outro mandato, é dicir, a competencia é da Xunta pero ten que pagar o Concello”, explicou Caballero.

O alcalde supervisou os traballos no Lagares.
O alcalde supervisou os traballos no Lagares.
Descargar todas as imaxes