xoves, 22 mai 2014
Así o anunciou este xoves o alcalde, quen explicou que as obras de rehabilitación do antigo chalé Mirambel van "a moi bo ritmo" e concluirán entre o 10 e o 15 de xuño. A apertura do Centro é unha "moi boa cuestión para a cidade", salientou, por dar a coñecer a presenza da cultura romana na cidade de Vigo.
xoves, 6 feb 2014
Abel Caballero "felicitou á cidade" polo inminente comezo das obras do Barrio do Cura, "unha revolución en Vigo, unha obra da maior modernidade, que permitirá a recuperación dunha zona moi deteriorada". Deste xeito valoraba o rexedor o visto bo de Patrimonio Histórico a un proxecto que xurde xa no ano 1971 e que logo de medio século "é este goberno o que o leva a cabo", puntualizou.
mércores, 4 dec 2013
A tenente de alcalde e edil de Urbanismo, Carmela Silva, informou este mércores da contratación da primeira fase da obra, despois de ter expropiado os terreos. O Concello desmontará a fábrica de sillería de pedra das fachadas e muros interiores, tomando medidas para a súa conservación e posterior montaxe, cando se contrate a segunda fase da rehabilitación, no próximo ano.
mércores, 4 dec 2013
Carmela Silva informou este mércores da adxudicación provisional da segunda fase das obras do Centro Galego de Fotografía que, unha vez rematadas, permitirá a instalación do mobiliario e equipos para a súa posta en funcionamento. Ata o momento, o investimento nesta infraestrutura cultural roza os 1,5 millóns.
venres, 22 nov 2013
O alcalde anunciou hoxe venres a aparición de "importantísimos xacementos arqueolóxicos" atopados xunto á finca romana de Mirambel, en Canido, un novo asentamento que "constata a teoría de que Vigo foi unha importante vila romana". O Concello elaborará planos dos novos restos e acometerá as excavacións cando rematen as obras en Mirambel e mellore a situación económica.
xoves, 14 nov 2013
O alcalde avanzou hoxe xoves que a próxima celebración da Festa da Reconquista alongarase ata os tres días. Dado que o día 28 de marzo cadra en venres, Concello e organización acordaron esta mañá ampliar os actos festivos ata o domingo.
mércores, 6 nov 2013
Vigo conta desde hoxe cun Paseo do Matemático Rufo Pérez, na baixada ao Pontillón, en honor ao profesor que formou a miles de vigueses nas aulas do Santa Irene. Caballero resaltou que este nomeamento é un recoñecemento a un profesional comprometido coa docencia e a democracia en anos de dura represión social e política.
venres, 25 out 2013
Así o explicou este venres o alcalde, Abel Caballero, no transcurso dunha visita á obra de rehabilitación do antigo chalé de Mirambel. O futuro Centro de Recepción de Visitantes, cun orzamento de 661.000 euros, amosará a historia da vila romana nun recinto integrado no entorno.
luns, 14 out 2013
Tras o ditame favorable dos arqueólogos, o goberno local estima a licitación desta obra para finais deste ano e o inicio da mesma en febreiro ou marzo. As escaleiras mecánicas da rúa Segunda República conectarán a Porta do Sol con Abeleira Menéndez, cun orzamento superior ao millón de euros.
luns, 7 out 2013
Abel Caballero inspeccionou o inicio dos traballos de demolición do antigo restaurante El Castillo e avanzou que o paseo que circunvalará toda a muralla do Castro estará rematado o ano que ven. O rexedor estivo acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, ademais dos concelleiros de Fomento e Parques e Xardíns, David Regades e Angel Rivas, respectivamente.