Escoitar

O alcalde salienta os 500.000 euros dedicados ás medianeiras para embelecer a cidade

Este luns visitou xunto a Carmela Silva os murais pintados por Iria Blanco en Navia, unha das 18 artistas que forman parte da terceira edición deste programa.

luns, 14 ago 2017
1502715265naviamural.jpg
"Dedicamos medio millón de euros anuais e seguiremos" traballando neste proceso de "embelecemento de Vigo", sinalou o rexedor durante a visita que realizou esta mañá xunto a Carmela Silva aos murais pintados no Parque de Navia por Iria Blanco.

Caballero apuntou que a terceira edición do programa de arrumbamento de medianeiras "Vigo, cidade de cor" consegue transformar lugares da cidade en espazos de exposición de obras de arte, de pintura ao aire libre, "facendo do traballo dos mellores graffiteiros e pintores urbanos unha acción cotiá na cidade". Os murais da terceira edición seguen a completarse estas semanas ata acadar os 15 previstos, que realizarán 18 artistas nacionais e internacionais.
Descargar todas as imaxes