Escoitar

O goberno municipal coopera con APAMP na instalación e mantemento dun columpio accesible

Caballero visitou este luns a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) para asistir á instalación do columpio accesible, e do que o Concello se encargará do seu mantemento. "Queremos que os parques infantís de Vigo estean preparados para a súa utilización por persoas con discapacidade", aseverou.

luns, 14 ago 2017
1502715193columpio.jpg
Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo instalou outro columpio accesible no colexio Seis do Nadal para nenos e nenas en cadeira de rodas e favorecer así o xogo de todos. En APAMP, o Concello se encargará do mantemento e colabora na instalación xunto a unha empresa privada, unha cooperación que o alcalde recoñeceu e agradeceu.
Descargar todas as imaxes