O Concello inicia a programación do Día Internacional da Muller

venres, 2 mar 2007

A concellería de Muller, a iniciativa do Consello Municipal da Muller, ven de difundir os actos programados ó longo do mes de marzo, polas diferentes asociacións e vocalías da Muller, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo. O programa desenvolverase ata o día 29 de marzo con actos formativos, lúdicos e reivindicativos.

A Concellaría da Muller organiza as xornadas "Século XXI. O reto da igualdade"

mércores, 28 feb 2007

Co gallo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, a Concellaría da Muller e a Asociación de Secretari@s de Galicia e Asistentes de Dirección de Galicia (ASEGAL) organizan, os días 7 e 8 de marzo, as xornadas "Século XXI. O reto da igualdade", nas que se abordarán os problemas, os logros e o papel das mulleres no mundo actual.

María Antonia Iglesias, María Tarsy Carballas e Margarita Ledo, Galegas Destacadas de 2006

luns, 12 feb 2007

A Asociación de Mulleres "Diálogos 90" entregou o pasado sábado no Pazo Quiñones de León os premios Galegas Destacadas 2006 á xornalista María Antonia Iglesias, á presidenta do Consello de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, María Tarsy Carballas, e á catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela, Margarita Ledo.

María Antonia Iglesias, María Tarsy Carballas y Margarita Ledo, Gallegas Destacadas de 2006

luns, 12 feb 2007

La Asociación de Mujeres "Diálogos 90" entregó el pasado sábado en el Pazo Quiñones de León los premios Gallegas Destacadas 2006 a la periodista María Antonia Iglesias, a la presidenta del Consejo de Investigación y Desarrollo Tecnológico de Galicia, María Tarsy Carballas, y a la catedrática de Comunicación Audiovisual y Publicidad de la Universidad de Santiago de Compostela, Margarita Ledo.