Caballero anima aos máis pequenos a reciclar

xoves, 27 dec 2018

O alcalde participou este xoves na entrega de premios do concurso "Adornos de Nadal" con materiais reciclados, nos cines da Plaza E, dirixido a alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria. Abel Caballero trasladou aos rapaces a importancia da reciclaxe.

Máis de 400 escolares aprenden a amar e protexer as Cíes na Semana da Ciencia

venres, 30 nov 2018

"Vós seredes moi pronto os encargados de protexer este tesouro, por iso é esencial que coñezades ben os seus valores", dixo Caballero aos nenos. Uns 200 de escolares de 5º e 6º de Primaria participaron hoxe no MARCO no segundo día de actividades da Semana da Ciencia, un programa encamiñado a contribuír á divulgación científica e enfocadas especificamente á promoción da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade.

Obradoiro de orquídeas no Vigo Zoo

mércores, 14 nov 2018

As instalacións do orquidiario de Vigo Zoo acollerán este sábado 17 de novembro un obradoiro sobre orquídeas. O taller , cunha duración dunha hora, comezará ás 11:15 h ,e un segundo grupo as 12.15. As persoas interesadas deberán anotarse chamando ó 986 267783