O goberno de Vigo inicia os trámites para declarar libres de tabaco as praias de Samil, Vao e das Cíes
A medida tamén será efectiva no estadio municipal de Balaídos, segundo avanzou este luns o alcalde. Abel Caballero anunciou o peche da consulta cidadá logo de ter recibido 48.000 votos, cunha posición "maioritaria e masiva" -ao redor do 80%- favorable a declarar estes areais e o estadio como espazos libres do fume do tabaco.
A consulta habilitada polo Concello na web municipal computou 48.000 votos, indicou Caballero. Na pregunta sobre os areais, os resultados indican un 76,8% de apoio a que non se fume, mentres que no relativo ao estadio, o respaldo elévase ata o 82,2%.
O alcalde, que puxo en valor o "número elevadísimo" de votos rexistrados na consulta, certificou que "a posición maioritaria e masiva da cidade é que non se fume nalgúns areais na cidade nin no campo de Balaídos", co que anunciou o inicio da elaboración da ordenanza que o regule. No caso das praias, estas serán Samil, o Vao e os areais das illas Cíes.
Así, e mentres a normativa municipal que arranca non estea en vigor, o alcalde lanzou unha "recomendación" aos usuarios para que non fumen nin nestes areais nin no estadio de Balaídos.
Engadiu o alcalde que, cando a ordenanza entre en vigor, o Concello prevé ter instalados nas praias espazos delimitados para os fumadores con cinceiros: "Imos facelo con respecto á xente que fuma pero eu sei que a inmensa maioría da xente que fuma quere as praias libres de tabaco", concluíu Abel Caballero.