A Liga nacional de Futevolei entra con forza no programa de actividades de verán a finais de mes
A Liga Nacional de Futevolei 2019 aterrará na praia de Samil a derradeira fin de semana deste mes de xullo (27 e 28) co apoio do Concello e a organización da Asociación Futevolei Vigo, nacida en 2017 e que xa é "das tres máis importantes do país por número de socios e crecemento", anunciou o edil de Deportes, Manel Fernández, na presentación do evento.
Este deporte de praia chega por segundo verán consecutivo ao areal de Samil -situarase acarón do complexo deportivo municipal e utilizará a actual instalación de Vigoarena-, en 2018 en xuño e agora en xullo. Así, o mellor futevolei do país citarase en Vigo con participantes de nove comunidades autónomas.
A LNFV, de marzo a setembro na súa cuarta edición, dispútase en sete etapas, unha máis que o ano pasado, e xa se celebrou en Valencia, Barcelona, Tenerife, Alacante e San Sebastián. Tras Vigo pechará o ano Valencia (31 de agosto e 1 de setembro).
"É un evento importante que introduce un elemento novidoso na actividade deportiva da cidade", explicou o concelleiro, que estivo acompañado por Enrique Sánchez, Breno López e Diego Ferreira.
Sánchez agradeceu ao Concello "a acolleita e a axuda ao evento porque pelexamos con cidades como Barcelona, Valencia ou San Sebastián", e apuntou que esta modalidade de praia "está a ter unha gran expansión non só en Europa senón tamén a nivel mundial".
Na Liga Nacional compiten xogadores das costas atlántica, cantábrica e mediterránea. Está dividida en dúas categorías, grupo Ouro e grupo Prata, e neste participan cinco parellas viguesas Adolfo Pérez/Diego Ferreira, Breno López/Borja López, Germán Martínez/Enrique Sánchez, Ramón Pérez/Iván Regueira e Joaquín Barcia/Javier Millos.
Para a cita de Samil a organización espera unhas 75 parellas de toda España entre a competición Ouro e a Prata. En San Sebastián en xuño unha parella de Vigo, Borja López/Breno López, gañou a categoría prata. Ademais, a Vigo acudirán os campións de Europa, unha parella valenciana.
Descargar todas as imaxes