ABERTA A CONVOCATORIA PARA A INSCRICIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2019-20 NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Deu comezo o prazo para a preinscrición, presencial e por Internet, de alumnado de novo ingreso nas distintas especialidades que conforman a oferta educativa na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.Convócanse un total de 206 novas prazas para os cursos básicos en horario de tarde e 118 para os cursos de iniciación en horario de mañá.<br />

venres, 5 xul 2019
Especialidades que se convocan
-Curso Básico (tardes):
Pintura/ Debuxo artístico/ Talla e escultura en madeira/ Ourivaría/ Artesanía en coiro/ Deseño e
encaixe de palillos/ Moda e confección/ Construción artesanal de Zanfonas/ Construción artesanal de gaitas/ Cerámica artística/ Encadernación
-Curso de Iniciación (mañás):
Pintura/ Debuxo artístico/ Talla e escultura en madeira/ Ourivaría/ Artesanía en coiro/ Moda e
confección/ Construción artesanal de zanfonas/ Encadernación
-Cursos extraordinarios (tardes):
Moda e confección "Drapeados e Lenzaría"
Deseño e encaixe de palillos: "De Cluny a contemporáneo"


Prazos de preinscrición
Ata o 6 de setembro (só internet)
Ata o 31 de xullo e de 2 a 6 de setembro (presencial e internet)

Administración e información
Lugar: Edificio principal EMAO, Avda García Barbón, 5
Horario: de 10 a 14 horas, laborables de luns a venres (agosto, pechado)
Correo-e: emao@vigo.org
Tfno: 986228088
Máis información e inscrición online: http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao20.php