venres, 5 xullo 2019

O rexedor destaca o potencial marítimo e pesqueiro de Vigo na inauguración do Seafest

Durante o acto de inauguración do Vigo SeaFest 2019, que se celebra ata o domingo no paseo das Avenidas, Abel Caballero convidou a todo o mundo a pasear e gozar da gastronomía estes días. O alcalde referiuse a Vigo como "a gran cidade do mar" e puxo en valor a presenza aquí de empresas do mar, de armadoras e da Axencia de Control da Pesca da Unión Europea, destacando o orgullo de ver barcos de Vigo navegando e pescando en tódolos océanos e mares do mundo. <br />

ABERTA A CONVOCATORIA PARA A INSCRICIÓN DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2019-20 NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

venres, 5 xul 2019

Deu comezo o prazo para a preinscrición, presencial e por Internet, de alumnado de novo ingreso nas distintas especialidades que conforman a oferta educativa na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.Convócanse un total de 206 novas prazas para os cursos básicos en horario de tarde e 118 para os cursos de iniciación en horario de mañá.<br />

Publicacion exposcion publica padron EUI

venres, 5 xul 2019

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm 124 de data 1 de xullo de 2019, estará en exposición pública dende o 2 de xullo ata o 16 de xullo o "Padrón de Exaccións Unificadas Industriais, Lixo Industrial, Entrada de vehículos e reserva de aparcamento do ano 2019"<br />