Escoitar

O TSXG avala a decisión do Concello na legalización dos apartamentos turísticos de Samil

O alcalde avanzou esta mañá que o TSXG avalou a resolución municipal de considerar establecementos turísticos os apartamentos de Samil, 55, co que se "resolve un problema urbanísticos que vén desde moi lonxe". O Concello tamén esta a solucionar unha situación similar en Samil, 61.

venres, 5 xul 2019
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de darlle a razón ao Concello no proceso de legalización dos apartamentos de Samil, 55. Tal e como considerou o Concello non son vivendas, senón establecementos turísticos e, unha vez cumpridas as resolucións municipais, outorgóuselles licenza de primeira ocupación, conforme a dereito. O rexedor deu conta de que o Tribunal vén de avalar esta decisión, dándolle a razón a administración local na súa petición de arquivar a resolución anterior co que finaliza o proceso de execución de sentenza.

Ademais, o Concello esa solucionando unha situación similar en Samil, 61. Neste caso, explicou, estamos pendentes da licenza de primeira ocupación, unha vez a cometidas todas as condicións de urbanización e cesión impostas polo Concello para outorgar esa autorización.

Xunta Goberno
Caballero deu conta da aprobación, onte xoves, das bases reguladoras e da convocatoria de convenios de colaboración empresarial con empresas privadas para actividades socioculturais e de interese xeral organizadas polo Concello. Deste xeito, deuse luz verde ás normas para regular o patrocinio privado de eventos como Samaín e Nada, Cabalgata de Reis e Entroido ou Vigo en festas. Os interesados poden participar nestas iniciativas vía achega económica ou en especie, a cambio de figurar como colaboradores.

Outro dos asuntos que se validaron la Xunta de Goberno foi a resolución da convocatoria de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a promoción do deporte feminino. O importe é de 45.000 euros e o número de entidades beneficiadas elévase á 77. Tal e como explicou, esta liña de axudas forma parte do programa municipal de promoción da igualdade e o deporte feminino.