Escoitar

Vigo completa os concertos infantís en Castrelos con Chumi Chuma, o 30 de xullo

Abel Caballero anunciou este venres a quinta actuación no parque de Castrelos para o público infantil. Chumi Chuma abrirá a programación para os máis pequenos co seu concerto do 30 de xullo, ao que seguirán Queenmanía (3 de agosto), O Rei Leon (5 de agosto), Sherk o Musical (6 de agosto) e Superwings (7 de agosto).

venres, 5 xul 2019
A banda de música infantil Chumi Chuma actuará en Castrelos o próximo 30 de xullo, abrindo o programa de concertos para os máis pequenos. Con Chumi Chuma, o Concello suma cinco espectáculos para o público familiar este verano no popular auditorio ao aire libre.

O grupo -encabezado por un monstro doutra dimensión chamado Chuma, de case que dous metros de altura- ofrece cancións didácticas que pretenden educar xogando no seu disco "Baila sin parar", con once cortes. O traballo está publicado polo selo discográfico de Vetusta Morla, que apadriñan a este proxecto.

Segundo recordou o alcalde, as actuacións infantís deste verán en Castrelos comezan con Chumi Chuma -30 de xullo- e continuarán con Queenmanía –3 de agosto-, O Rei León -5 de agosto-, Shrek o Musical -6 de agosto- e Superwings -7 de agosto-. Todos os concertos darán comezo ás 20 horas e serán de acceso gratuíto ata completar aforo.