Escoitar

O goberno de Vigo aproba 243.000 euros para entidades sociais e cooperación internacional

Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou subvencións ao Programa mundial de alimentos, a Médicos do Mundo e a ACNUR, ademais de achegas á Asociación Galega San Francisco e ao Banco de Alimentos. O importe total das axudas aprobadas hoxe é de 243.000 euros, salientou Caballero.

xoves, 4 xul 2019
O goberno de Vigo destina 20.000 euros ao Programa mundial de alimentos (World Food Programme) para apoiar os seus obxectivos alimentarios na franxa de Gaza e outros 50.000 euros a Médicos do Mundo para o seu programa de intervención sociosanitaria destinado a persoas drogodependentes en situación de exclusión social. ACNUR, pola súa banda, recibe do Concello 20.000 euros para o seu proxecto de asistencia de emerxencias á poboación desprazada no norte de Nixeria, co que pretenden chegar a máis de 21.000 persoas.

O Concello aprobou outra partida de 24.000 euros en favor da Asociación Galega San Francisco para as súas xornadas de convivencia entre as persoas con discapacidade intelectual. Por último, Abel Caballero informou da achega á Fundación Banco de Alimentos, que ascende a 129.000 euros, ao que se engade outros 15.000 euros para o abono do alugueiro da súa nave.

De ámbito cultural, o alcalde destacou a aprobación do convenio coa Agrupación Fotográfica Galega, un acordo segundo o cal o Concello destina 8.000 euros á realización da "Matratón Fotográfica 2019", que terá lugar o próximo 28 e 29 de setembro.