Vendidas todas as entradas para o primeiro concerto de Vigo en Festas 2019 en Castrelos
Todas as entradas dispoñibles para o concerto de Lauryn Hill en Castrelos, programado para o 17 de xullo, foron vendidas nos dous primeiros días de venta. Este luns saíron á venta os billetes para a actuación de Leiva e, de forma progresiva, irán saíndo á venda os tíckets para o resto de citas musicais.
As entradas para o primeiro concerto en Castrelos do programa Vigo en Festas 2019, o da artista americana Lauryn Hill, foron vendidas na súa totalidade nos dous primeiros días a través da plataforma online de Abanca e da billeteira física (rúa Policarpo 26).
A maior parte do aforo do Auditorio ao Aire Libre de Castrelos é gratuíto e tan só fanse reservas para a zona baixa. Desde este luns están á venta as do concerto de Leiva (19 de xullo) e, de forma progresiva, irán saíndo á venda os tíckets para o resto de citas musicais.
Abel Caballero deu conta dos prezos das entradas e dos días nos que se poñen á venda para os diferentes concertos:
Tom Jones (martes 23 de xullo). Entradas á venta desde mañá, 9 de xullo (8 euros venta anticipada; 10 euros en billeteira).
Fangoria (mércores 24 de xullo). Entradas á venta desde o 10 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).
Rick Astley (venres 26 de xullo). Entradas á venta desde o 11 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).
Roger Hodgson (luns 29 de xullo). Entradas á venta desde o 12 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).
Thirty Seconds to Mars (xoves 1 de agosto). Entradas á venta desde o 15 de xullo (8 euros anticipada; 10 euros en billeteira).
Furious Monkey House, Xoel López y Vetusta Morla (venres 2 de agosto). Entradas á venta desde o 16 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).
David Bisbal (xoves 8 de agosto). Entradas á venta desde o 10 de xullo (6 euros anticipada; 8 euros en billeteira).
Ademais, as festas de Vigo teñen programados varios concertos de balde para o público como o da Coral Casablanca que se celebra en Castrelos o 27 de xullo. Os concertos infantís tamén son gratuítos coas seguintes datas: Queenmanía (3 agosto ás 20 horas), O Rei León (5 de agosto ás 20 horas), Shrek, o musical (6 agosto, 20 horas), Superwings (7 agosto, 20 horas) e Chumi-Chuma (30 de xullo, 20 horas).
No referente á forma de venda, as entradas poden adquirirse a través de www.ataquilla.com, mediante venda telefónica a través do número 902 504 500 e nun punto de venda físico, na rúa Policarpo Sanz, 26.