Vigo ofrece campamentos para persoas con diversidade funcional de entre 6 e 65 anos
Amais, o goberno municipal mantén o programa anual de respiro familiar para que as persoas coidadoras ou as familias poidan dispoñer dun tempo de descanso.
O alcalde deu conta este luns do desenvolvemento dun programa de ocio e respiro familiar dirixido a persoas con diversidade funcional con actividades como saídas á praia, á piscina, obradoiros de cociña ou reciclaxe... Así, durante os meses de xullo e agosto as persoas con discapacidade, de entre 6 e 65 anos empadroadas en Vigo, poderán participar nestes campamentos aos que o Concello destina 30.000 euros.
Segundo explicou Abel Caballero, durante o mes de xullo, o campamento desenvólvese no Verbum en Samil baixo o lema "Divírtete no verán", con 30 prazas semanais. En agosto, o "Verán do lecer" desenvólvese no centro San Francisco.
Ademais, o Concello ten en marcha durante todo o ano o programa de respiro familiar dirixido a familias ou coidadores de persoas con diversidade funcional, xunto á Fundación Menela, co obxectivo de facilitar aos coidadores habituais a posibilidade de ter un tempo de descanso. Está dirixido a persoas con diversidade funcional, empadroadas en Vigo, de entre 3 e 65 anos.